O día 24 de novembro terá lugar a IX Carreira Popular de Vedra, este ano debido ás numerosas actividades que teremos en próximas fechas e á limitación no número de inscripcións, non será carreira do clube podendo inscribirse de forma individual os atletas de Millaraio que o desexen, no seguinte enlace tedes tódala información referente á carreira.
http://www.olimpicodevedra.blogspot.com.es/p/percorridos.html
O día 30 de novembro tera lugar a segunda xornada da Liga federada de Clubes en Lugo, en próximas fechas enviaremos un correo electrónico para que confirmedes a vosa participación e informandovos dos horarios.
Resaltar a gran actuación de tódolas atletas do clube o pasado sábado na primeira xornada da liga en Vigo, onde a pesar do mal tempo se acadaron grandes resultados incluindo tres victorias e dous segundos postos, e logrando o sexto posto provisional no cómputo global e o segundo na categoría alevín masculina. Aqi tedes o enlace ós resultados:
http://www.atletismogalego.com/Resultados201314/Vigo/rv091113.pdf
Por último recordar ós pais e nais que xa comenzaron as actividades do grupo de atletismo para pais e nais de Millaraio. As clases presenciais serán os sábados de 12:30 a 13:30 no Estadio de Atletismo da USC. Cando por motivo dunha competición non se poda adestrar o sábados, as clases serán os luns seguintes de 18:00 a 19:00.
Para mais información e coñecer a actividade podedes asistir o vindeiro sabado 16 ás 12:15.