PRETEMPADA MILLARAIO

Ainda que a tempada 2013-14 non rematou oficialmente, o clube xa está facendo actividades para preparar a vindeira.

Por unha banda os máis pequenos disfrutaron durante toda a semana do Campus de Atletismo de Millaraio, onde realizaron un sifín de actividades e xogos para iniciala tempada dunha xeito divertido e ameno.

BLOG CAMPUS modOs nen@s do Campus remataron a semana facendo unha parte do Camiño de Santiago partindo do Milladoiro. O luns visitarán as pistas de atletismo, e o martes clausurarán esta actividade na Praia Fluvial de Tapia.

BLOG CAMINO mod

Por outra banda, un grupo de atletas cadete/xuvenil/junior formado por atletas de tecnificación do CAS e de Millaraio comenzou a preparar a vindeira tempada. Dende fai un par de semanas exercítanse polos parques compostelans, e pouco a pouco, coa volta das vacacións, vaise facendo máis numeroso.

O pasado xoves tocóu un divertido adestramento pola area da praia da Aguieira en Portosín, onde un total de 21 atletas de ambos clubes disfrutaron dunha sesión diferente e intensa cun gran ambiente de grupo.

blog preO luns a sesión será en Santiago as 19:45 con algunha que outra sorpresa engadida!!!. Máis detalles no calendario da páxina do clube.