Primeira medalla autonómica do 2015

A pasada fin de semana se celebrou en Lugo o Campionato Galego de Clubes de Probas Combinadas. Fiel ao seu proxecto de traballo multidisciplinar, o Clube Atletismo MillaRaio se presentou con tres atletas, os cadetes Carlos Dios, Mateo García e Chelo Quintáns.

No hexatthlon masculino, ao término da primeira xornada, Mateo García marchaba en terceira posición, despois de ser segundo no lanzamento de peso, e Carlos Dios, que viña de superar unha lesión e polo tanto non se atopaba no seu mellor momento, e que acadou a terceira posición nos 60 m.l. con victoria na súa serie, marchaba no quinto posto do cómputo xeral por puntos, optando ambos ao podium final.

Pero coa súa segunda posición nos 60 m. valados e a cuarta nos duros 1.000 m.l. finais, Carlos logrou a remontada que o levou a lograr o subcampionato galego da disciplina, cuns magníficos 2.103 puntos.

Tan só o pinchazo neses duros 1.000 m.l. finais separaron a Mateo dunha medalla, acadando a 7ª posición final con 1.849 puntos, pero a tan só pouco máis de 200 puntos do metal.

No Pentathlon Feminino, Chelo Quintáns lograba unha magnífica 8ª posición nunha proba moi igualada, con 1.722 puntos e a menos de 200 puntos da medalla de bronce. A súa mellor posición parcial foi o 3º posto acadado no lanzamento de peso. Dicir que esta polivalente atleta lograba o fin de semana anterior o primero rexistro da istoria do clube no salto con pértega, alcanzando unha altura de 2 metros no control de marcas celebrado en Vigo.

IMG-20150111-WA0004

Resaltar o éxito de Andrea González e Brandán Candal, dous atletas do Clube Atletismo Santiago, o noso clube irmán, pero que se formaron na canteira do Clube Atletismo MillaRaio, e que lograron ambos o título de campións galegos en categoría xuvenil.

Por outra banda, varios atletas se desplazaron a Vigo, buscando marcas para os seus respectivos campionatos. Destacar a María Noya, que gañou a súa serie nos 60 m.l. cun rexistro de 9´´08, e que saltou 4.20 en lonxitude, ambas marcas mínimas para o Campionato Galego Cadete. Destacaron tamén Diego Alonso, 3º nos 1.000 m.l. rexistrando 2´56´´03 e Miguel Ansede, 5º con 3´08´´71.

1399248_390580831100608_4514438511243612690_o

A atención para esta fin de semana está posta en A Coruña, donde se celebrará o sábado a final galega da Liga Escolar, para a que están clasificados os equipos benxamíns masculino e feminino e os equipos masculinos das categorías alevín e infantil.

Éxito nas probas combinadas e éxito nas probas por equipos. O Clube Atletismo MillaRaio, sempre fiel ao seu obxectivo do traballo de todas as disciplinas atléticas.

¡¡¡¡Toda a sorte do mundo para eses equipos na Coruña!!!!

¡¡¡¡MILLA-RAIO!!!!