Dos podiums na Final Galega da Liga Escolar en Pista Cuberta

A pasada fin de semana se celebrou no Pazo de Deportes de A Coruña a Final Galega da Liga Escolar Federada en Pista Cuberta, onde o MillaRaio participou con catro equipos, logrando subir ao podium os dous equipos que acadaran a victoria na Fase Provincial celebrada en Ferrol o mes de Decembro: as nenas benxamíns e os nenos infantiles.DSCN1656
Tamén participaron os nenos benxamíns, que foron cuartos, e os alevíns, que finalizaron en quinta posición.
DSCN1661
Este fin de semana que comenza, ven cargado de competicións:
-Hoxe venres, varios/as atletas da categoría cadete se desplazan a Coruña, onde se desputa a I Xornada do Circuito Coruña Corre en Pista, e onde os nosos atletas tentarán buscar marcas de cara aos vindeiros compromisos.
-Mañán sábado, será o turno do Campo a Través, coa celebración unha vez máis na Alameda Compostelana, do Intercomarcal Escolar de Cross pertenecente ao Xogade, e onde, a partir das 11:00 h, competirán os nosos equipos Benxamín feminino, e alevíns, infantiles e cadetes de ambos sexos, buscando a clasificación para a fase provincial.
-E o domingo se celebra en Friol, Lugo, o Campionato Galego Cadete e Xuvenil de Campo a Través, onde sobre todo o equipo cadete masculino, intentará buscar a proeza de clasificarse para o Campionato de España que se celebrará en Cáceres o 1 de Marzo. Debido á coincidencia de datas, as forzas dos cadetes estarán repartidas entre o sábado e o domingo, tentando buscar os mellores resultados posibles en ambos eventos.
¡Moita sorte a tod@s @s que esta fin de semana defenderedes as cores do Clube Atletismo MillaRaio!