O Clube Atletismo MillaRaio acudía á a Pobra do Caramiñal con oito equipos, a desputar o Campionato Provincial Escolar de Campo a Través, englobado dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia.
Abrían a participación as benxamíns femininas cun grandísimo papel, sendo cuartas.
As alevíns femininas realizaban unha magnífica proba, logrando o bronce por escuadras e con Deki Mato levándose a victoria individual.
Novo metal na categoría alevín, con medalla de prata para os nenos, e clasificación para o Campionato Galego incluída.
As infantiles femininas participaron con dous equipos, clasificándose séptimas e octavas.
Os nenos da categoría infantil eran cuartos, pese ás numerosas baixas, e con Dani Mato proclamándose Campión Provincial individual.
As cadetes finalizaron en quinta posición, pero moi preto do podium.
E gran papel dos cadetes, cun novo podium có seu bronce, e con Diego Alonso logrando o subcampionato provincial individual.
O campionato galego da disciplina se celebrará o día 21 en Ourense, e para él están clasificados o equipo alevín masculino, así como os tres atletas que subiron ao podium individual: Deki Mato, Dani Mato e Diego Alonso.
Pero as bóas noticias non remataban en A Pobra, e nada máis sair nos chegaba a nova dende Ourense da mínima para o Campionato de España lograda por Arturo Ramos, marcando 2:46´65 nos 1.000 m.l.
¡Noraboa Arturo, así como todos os participantes neste grandísimo Campionato Provincial, e moita sorte para o Campionato Galego!