8 equipos competirán no Provincial Escolar de Campo a Través

Despois dun gran fin de semana no que moitos dos nosos atletas competiron en Santiago e Vilagarcía, buscando rexistrar marcas que lles permitan participar no Campionato Galego de Pista Cuberta, este fin de semana é o turno do Campo a Través.
A Pobra do Caramiñal acollerá este sábado o Campionato Provincial en Idade Escolar de esta disciplina. 48 atletas do Clube Atletismo MillaRaio participarán en A Pobra, buscando realizar o mellor papel posible ou a clasificación para o Campionato Galego, que se celebrará no Complexo Deportivo de Monterrei, en Ourense, o 21 de Febreiro, e para o cal se clasifican os dous primeiros equipos e oito primeiros individuais das categorías alevín, infantil e cadete.

DSCN1664
Por parte do noso clube, participarán en A Pobra os equipos femininos das catro categorías, benxamín, alevín, infantiles e cadetes, con dous equipos de infantiles, así como equipos masculinos de alevíns, infantiles e cadetes.

DSCN1669
Para todos os atletas que acudirán á cita, lembrarlles que o autobús sairá ás 9:15 h. do pavillón de Milladoiro.
¡Moita sorte a tod@s @s nosos atletas, que seguro que farán un grandísimo papel, como xa fixeron para chegar tan lonxe, mostrándonos, coma sempre, unha grande labor de equipo!

DSCN1687