O Pazo dos Deportes de A Coruña acollía o pasado sábado o Campionato Galego en Pista Cuberta para as categorías Benxamín, Alevín e Infantil, ademáis de Cadetes nas distancias de 1.000 e 3.000 metros.
18 atletas defenderon as cores do Clube Atletismo MillaRaio na cidade Herculina, algúns deles en dúas probas.
A participación neste campionato se rexiu pola norma de clasificación das 16 mellores marcas galegas, quedándose fora moitos nenos que poderían optar a boas posicións, pero non acadaron rexistros que estiveran entre os seleccionados pola Federación Galega de Atletismo.
Abría o medalleiro para o MillaRaio Miriam Iglesias, que no día do seu cumpreanos se colgaba a medalla de prata no lanzamento de peso. ¡Felicidades por partida doble, Miriam!
Na mesma disciplina masculina, tamén na categoría benxamín, nova medalla para o MillaRaio, esta vez gracias a Jorge Rivas, que lograba o bronce.
Pese a que as saltadoras benxamíns non tiveron o seu día, Irene Vidal acadou o terceiro metal da categoría, logrando unha inesperada medalla de bronce no salto de lonxitude; e Antía Figueras conseguiu unha magnífica cuarta posición no salto de altura.
Os resultados amosan que o clube sigue fiel ao seu proxecto, traballando na base as disciplinas técnicas, que priman sobre o traballo físico. Proba delo, que os mellores resultados foron en lanzamentos e saltos, sen acadar ningunha medalla en carreiras nesta categoría benxamín.
Os outros participantes da categoría, éstos en carreiras, foron Lucas Pena, que foi 8º na final A dos 1.000 metros, e Pablo Cariñena, que finalizou 5º na 2ª serie dos 50 metros.
En alevíns destacou Deki Mato, que foi a única atleta do clube en lograr un título de Campiona Galega, así como a única en subir dúas veces ao podium. Deki gañou con superioridade a final A dos 500 metros, dándoo todo para evitar ser superada polas corredoras da segunda serie. Non contenta có título de Campiona Galega na súa distancia, logrou unha brillantísima medalla de prata no lanzamento de peso, superando a súa marca persoal en máis de medio metro.
En alevíns tamén participaron Ephrem Canal, que foi cuarto na final B dos 1.000 m. (e quinto no cómputo xeral), e mellorando a súa marca da tempada en 3 segundos; Diego Seoane, 6º na Final B dos 500 m.l.; e Mario Vilar, 5º na 4ª serie dos 50 m.l.
A única medalla infantil viu có triple salto de Claudia Costas, que se colgou a medalla de bronce, e se quedou a un só centímetro da prata. Claudia brillou tamén nos 50 m. valados, onde foi 3ª na 3ª serie, sendo a primeira atleta que non se clasificou para a final.
David Álvarez competiu ao seu mellor nivel, superando o inconvinte de que o salto con pértega comenzaba 20 cm por riba da súa mellor marca persoal. En lugar de amilanarse, sacou o mellor de sí e pasou as dúas primeiras alturas, logrando unha marca de 1´78 que o levaron á cuarta posición, a mesma que acadou nos 1.000 m.l. Dúas medallas de chocolate para David.
Outros infantiles foron Luis García, 2º na 4ª serie dos 50 m.l.; Nico Iglesias, 5º na semifinal 3 dos 50 m. valados; Daniel Rodríguez, 11º en lanzamento de peso; e Juan Manuel Ruso, 12ª en salto de altura.
E xa na categoría cadete, caiu a última das medallas, esta vez na distancia dos 1.000 metros. Arturo Ramos partiu moi valiente, có billete para o nacional da distancia acadado, e finalizaba segundo, colgándose a medalla de prata. E Diego Alonso, que tamén arrancou moi valiente, intentando tamén lograr a mínima para o Campionato de España, finalizou en 7ª posición.
Foron sete medallas, pero moitos os atletas que conseguiron lograr aquí as súas mellores marcas. Unha xornada inolvidable que pon fin á tempada en Pista Cuberta en idade escolar.
Se aproxima a tempada ao aire libre, que a bó seguro que nos traerá moitas máis alegrías. Agora, toca traballar para logo recoller o sembrado.
¡Noraboa a tódolos atletas que nos representaron neste Campionato Galego polo seu brillantísimo papel!