Roberto Vieiro campión galego de marcha en ruta

O pasado domingo se celebrou en Marín o Campionato Galego de Marcha en Ruta. Ata alí se desplazaron catro dos nosos marchadores, có fin de continuar a adaptación a esta dura proba.

Destacar o papel da nova fichaxe no Clube Atletismo MillaRaio, o atleta Roberto Vieiro, múltiple campión galego da disciplina, e que se uniu a nós esta tempada para reforzar os equipos tanto de campo a través como de pista. Roberto, intratable unha vez máis na súa especialidade, se colgou unha nova medalla de campión galego, esta vez na distancia de 5 km marcha en ruta na categoría cadete. Non vos esquezades deste nome, pois si continúa coas ganas e disciplina que atesora, nuns anos será un referente na marcha galega e nacional. Orgullosos de poder contar nesta tempada no noso clube có seu bó facer.

10994163_661683397290985_6259233460126403148_o

Tamén participaron no campionato a alevín Zulfa Muiño, que logrou unha brillante séptima posición, e os infantiles Nicolás Iglesias, que finalizou cuarto despois de loitar toda a proba polo bronce, e Mara López, décimocuarta, todos eles na distancia dos 3 km.
¡Noraboa a tod@s por ese gran papel en Marín!

11004601_661682280624430_7320594166056377250_o

Mañán sábado nos desplazamos a un novo Campionato Galego, o de Campo a Través en idade escolar do programa Xogade da Xunta de Galicia, que se disputará no Complexo deportivo de Monterrei, en Pereiro de Aguiar, Ourense. Participarán no mesmo, despois de varias baixas por lesión e diferentes obxectivos na tempada, o equipo alevín masculino e a tamén alevín Deki Mato como individual.
¡Moita sorte MillaRaio!