XIII CAMPIONATO DE GALICIA SUB10-SUB12 EN PISTA AO AIRE LIBRE

Novamente gran xornada para os rapaces e rapazas do club, desta vez no Campionato Galego individual sub10-sub12 celebrado onte en Lugo.
Na categoría sub12 participaron Nuno Castro no salto de lonxitude, proclamándose campión galego, e nos 60m, proba na que foi subcampión, Laura Sanz nos 60m, proba na que conseguiu a medalla de bronce, María Estévez nos 1000m (sexta e mellorando marca) e no lanzamento de pelota, e David Moreno no lanzamento de pelota (mellorando marca) e nos 500m. Tamén participaron os equipos de relevos masculino (Jorge García, Nadir Moreira, David Moreno e Nuno Castro), que logo de ter que repetir a súa serie volveron gañala por segunda vez e foron bronce, e o feminino (Sabela Jallas, María Estévez, Ada Bigliani e Laura Sanz), que rematou na sexta posición sendo terceiras na súa serie.
Como representantes na categoría sub10 tivemos a Daniel García no lanzamento de peso, onde rematou no sexto posto, e por riba tivo a sorte de que lle tocase un dos lotes de productos Torre de Núñez que sortearon durante a competición. E a Bruno García nos 2000m marcha, que mellorou tamén a súa marca.

Nuno, prata en salto de lonxitude
Laura, bronce en 60m
Bronce do equipo de relevo 4x60m