A pasada fin de semana, Friol acollía o Campionato Galego de Campo a Través para a Categoría Cadete, onde o noso equipo masculino acadaba o título de Campións Galegos por equipos, clasificándose para o Campionato de España, e con dous dos seus atletas no podium individual.
Arturo Ramos foi segundo e Diego Alonso terceiro. Pero o título por equipos foi grazas ao bó traballo de todos eles, con Roberto Vieiro na 13ª posición, Hugo Rodríguez 27º e Pedro Sagastizábal 41º. O equipo logrou 26 puntos, 10 por riba do Ría Ferrol-Concepción Arenal, que foron segundos. No terceiro peldaño do podium os acompañou o Franciscanos de Lugo.
As mulleres cadetes lograron a 11ª posición por equipos, sendo Lucía Parra a máis destacada na proba.
A actividade volve esta fin de semana, con controles de marcas en pista.
O venres, os infantiles e cadetes, así como algunha das náis, competirán no control de marcas de Santiago, que se celebrará nas pistas de USC a partir das 17:00 h. Vos deixamos o enlace cós horarios.
http://www.atletismogalego.com/hs300115.pdf
E o domingo, un gran número de benxamíns, alevíns e infantiles se desplazarán ata Vilagarcía, para desputar o Trofeo Cefrico – Cidade de Vilagarcía, que comezará ás 9:45 h, e no que os máis pequenos continuarán con ese traballo multidisciplinar, estreándose moitos deles en probas novidosas ou intentándoo con novas disciplinas. A bó seguro que moitos deles conseguirán rexistros cos que poderán estar nos Campionatos Galegos.
¡Moita sorte a tod@s!