Campionato de España de Campo a Través por Clubes en Cáceres para os cadetes masculinos.

O equipo cadete masculino de Campo a Través do Clube Atletismo MillaRaio, brillante Campión Galego por escuadras hai escasas datas en Friol, participará este domingo no Campionato de España de Campo a Través por Clubes que se celebrará en Cáceres.

Arturo Ramos, Diego Alonso, Hugo Rodríguez, Pedro Sagastizábal e Miguel Ansede correrán o domingo ás 10:05 da mañán sobre un percorrido de 5.050 m. e se poderá seguir a través da páxina web da Federación Española de Atletismo www.rfea.es

10942345_1538070806468596_4046032544331181291_o

Participación tamén este fin de semana no Campionato Nacional de Marcha en Ruta que se celebra en Murcia para o noso atleta Roberto Vieiro, flamante campión galego cadete da disciplina.

roberto vieiro

E A Coruña acollerá mañán sábado o Campionato Galego tamén da categoría cadete, nesta ocasión en Pista Cuberta, onde teremos unha amplia participación do Clube Atletismo MillaRaio.

¡Toda unha honra contar con tantos atletas representándonos en dous Campionatos de España e no Campionato Galego!

¡Moita sorte campións!