Gran papel dos cadetes do MillaRaio no Campionato de España de Campo a Través por Clubes

O pasado domingo se celebrou no circuito de “El Cuartillo”, en Cáceres o Campionato de España de Campo a Través por Clubes, para o cal estaba clasificado o noso equipo cadete despois de proclamarse brillantes campións galegos da disciplina en Friol.

10922318_777677998987176_3308160608128556644_o

Os atletas da categoría cadete desputaron a súa proba sobre unha distancia de 5.050 m. sendo o primeiro atleta do noso clube en cruzar a liña de meta Arturo Ramos, o subcampión galego da disciplina, que acadou unha magnífica trixésimo terceira posición final, loitando cós mellores de España. Diego Alonso acadou a 74ª posición. Hugo Rodríguez entraba no posto 196, con Pedro Sagastizábal no 206 e Miguel Ansede no 250.

10530651_777677888987187_3882623556926099910_o

Grandísimo papel para os nosos cadetes, que remataron así unha tempada de Campo a Través histórica para o noso clube, e que desfrutaron dun fin de semana de convivencia inesquecible para eles, e que a bó seguro que non será o último.