Deki Mato campiona galega de Campo a Través

O complexo deportivo de Monterrei, en Pereiro de Aguiar (Ourense), acolleu na mañán do sábado o Campionato Galego de Campo a Través en Idade Escolar englobado dentro do programa “Xogade” da Xunta de Galicia.

As lesións e distintos obxectivos minguaron un pouco a participación dos atletas do Clube Atletismo MillaRaio. Pese a todo, desplazamos a Ourense ao equipo alevín masculino, así como á tamén alevín Deki Mato, que partía con opcións de victoria tras proclamarse campiona provincial de campo a través en A Pobra e campiona galega de 500 m. en pista cuberta a pasada fin de semana en A Coruña.

DSC_0898

Os alevíns abrían a participación do MillaRaio cunha brillante carreira sobre os 2.000 m. de percorrido.
O mellor era Ephrem Canal, que marchaba sexto a pouco da meta, cando un desfalecemento o obrigou a abandoar despois de dalo todo nunha semana na que viña de sufrir problemas de saúde.

Puntuaban para o equipo Mateo Aller, Diego Seoane, Roi Manteiga e Mario Vilar, levando ao MillaRaio á séptima posición por escuadras pese á pérdida dos puntos ao perder ao seu mellor atleta.

DSC_0924

A última proba da mañán era a correspondiente á categoría alevín feminina, con Deki Mato na liña de saída, e con 1.500 metros de percorrido. Deki, fiel á súa táctica de carreira, saíu tirando dende os primeiros metros, e nesta ocasión foi unha táctica acertada, pois por atrás se produciron caídas que afectaron a outras favoritas aos primeiros postos.

DSC_0994

Na segunda das dúas voltas ao circuito, as rivales lle foron comendo terreno, o que nos fixo temer a perda desa primeira posición, pero nunha maxistral entrada no césped do estadio de atletismo, Deki apretou os dentes e aguantou o embite das súas rivais, conseguindo o título de Campiona Galega de Campo a Través, o seu segundo título autonómico nunha semana.

DSC_0049

Brillante punto e final desta tempada de Campo a Través para o Clube Atletismo MillaRaio. ¡Noraboa aos nosos atletas!

Comezamos a traballar a tempada ao aire libre…dende XA!!!!