O 27 de outubro celebrouse a Carreira Pedestre do Concello de Ames, coa que colaboramos na organización, e na que de novo tivemos unha grande participación de atletas, nais e pais do club, como voluntarios e/ou como corredores nas diferentes probas. E con algún podio ademais: na categoría sub16 para Deki Mato e Batire Guridi, e na sub18 para Pablo Díaz e Antón Riveiro.
Aproveitamos o evento para presentar as novas camisetas de adestramento do club, nas que colaboraron Altia, Rueiro Centro de Salud Dental, La Cesta Natural, Clinica Veterinaria Saudevet – Horacio Figueira, Tómate más fruta, Ansu-Car Milladoiro, Panadería Xallas, A Mona Ramona Bertamiráns, e #PalomaCenter. Camisetas y algo más apoiounos no deseño das novas camisetas. Moitas grazas tamén ao noso colaborador principal esta tempada, Addomo Arquitectura Modular.