O MillaRaio clasifica todos os seus equipos para o Provincial

Espectacular o rendemento dos nosos atletas no Intercomarcal Escolar de Cross celebrado onte sábado. Os oito equipos que desputaron a proba lograron o pase ao Campionato Provincial, ao finalizar todos eles entre os dous primeiros. Unha mostra máis de traballo en equipo por parte d@s nos@s atletas.
DSCN1666

Primeiros postos para as benxamins, as alevins e as infantiles, que non só gañaron có seu primeiro equipo, senón que lograron o doblete có equipo B.
DSCN1668DSCN1682

Segundos postos para os alevins, os infantiles e cadetes ambos sexos. Destacar que nesta última categoría se repartiron as forzas entre o sábado e o domingo, día no que se celebra o seu Campionato Galego da Federación de Atletismo, e que incluso algúns atletas doblaron en ambas probas có único obxectivo de finalizar para aportar os puntos necesarios para permitir o paso do equipo ao Provincial.

DSCN1673DSCN1686

Un Campionato Provincial Escolar de Campo a Través que se celebrará o sábado 7 de Febreiro en A Pobra do Caramiñal, e onde desplegaremos todo a nosa armada, para intentar facer o mellor papel posible ¡porque mellor que o do sábado, imposible!
cadete femcadete masc