O equipo cadete Campión Galego de Campo a Través e clasificado para o Campionato de España

O equipo cadete masculino se proclamaba este domingo Campión Galego de Campo a Través, gañando a súa clasificación para o Campionato de España que se celebrará en Cáceres o 1 de Marzo.DSC_0185
Nunha carreira intelixente, na que o deron todo, e algúns tras competir onte no Intercomarcal para clasificar o equipo para o Provincial de Xogade, o equipo formado por Arturo Ramos, Diego Alonso, Roberto Vieiro, Hugo Rodríguez e Pedro Sagastizábal, logrou o seu obxectivo de gañar o seu campionato autonómico de campo a través.
arturo meta
Carrerón do noso puntal, Arturo Ramos, que deu a cara en todo momento e chegou ao sprint final peleando pola victoria ata o último centímetro.
Intelixente carreira de Diego Alonso, que saliu preto do grupo cabeceiro pero sin mostrar as súas armas ata o final, acadando una impresionante terceira posición que festexaba en liña de chegada.
DSC_0405
Brillante, coma sempre, o campión galego de marcha, Roberto Vieiro, remontando posicións en cada volta.
E Hugo e Pedro mantendo as posicións necesarias para puntuar e levar o equipo ao Campionato de España.
Resultado: dous atletas no podium individual e o equipo ¡Campión Galego!.
¡Sodes enormes! ¡Noraboa e toda a sorte do mundo nese Campionato Nacional no que deixaredes as cores do MillaRaio moi arriba!
DSC_0415
En canto contemos cos resultados, publicaremos a información do resto de categorías.