Campionato de España Individual sub-14

Alejandro Jiménez e Noel Ferraces clasificados para o Campionato de España Individual sub14, a celebrar en Soria o 1 e 2 de xuño.
Alejandro participará no triatlón A (80m, 80m valos e lanzamento de peso), e Noel no triatlón E (80m, lanzamento de xavelina e 2000m marcha). Noraboa aos dous!!!!

Campionato de Galicia de Clubs de Probas Combinadas

Gran actuación d@s combiner@s no Campionato de Galicia de Clubs de Probas Combinadas. Despois de dous días de competición as rapazas remataron nun merecido quinto posto, e con MMP a nivel individual. Os rapaces remataron en terceira posición, tamén con melloras nas súas marcas.

CAMPIONATO DE GALICIA POR EQUIPOS SUB10-12-14 NO BARCO DE VALDEORRAS

O día 17 de maio celebrouse no Barco de Valdeorras o VIII Campionato de Galicia de Clubs Sub10 – Sub12 – Sub14. O Club Atletismo Millaraio participou con cinco equipos, nas categorías masculina e feminina sub14 e sub12, e feminina sub10. En todas as categorías as atletas e os atletas do club amosaron a súa versatilidade, competindo tanto en carreiras de velocidade e fondo, como en saltos e lanzamentos. Logo dunha emocionante competición de mañá nas categorías sub10 e sub12, pola tarde a competición estivo moi reñida ata o último momento, rematando o equipo sub14 masculino na segunda posición do campionato, a tan só un punto do primeiro equipo clasificado.

Final Provincial sub10 e sub12 individual, e sub14 de combinadas do Xogade

O domingo 12 de maio celebrouse na Pobra do Caramiñal a Final Provincial sub10 e sub12 individual, e sub14 de combinadas do Xogade. Moi boa actuación de todos os nosos atletas clasificados, destacando as medallas de ouro do Campionato para Alejandro Jiménez en Combinadas sub14, Laura Sanz en 60m sub12 e Daniel García en lanzamento de peso sub10, así como as pratas de David Moreno e María Estévez en lanzamento de pelota sub12. Nuno Castro foi cuarto en altura e 500m sub12, Noel Ferraces nas combinadas sub14, e María Estévez nos 2000m. David Moreno e Sara Taboada foron quintos nos 1000m sub12, e Nadir Moreira en lanzamento de pelota. Tamén se clasificaron para esta final nas combinadas sub14 Pablo Cariñena e Antía Figueiras, e nas probas individuais, os sub10 Gabriel Sánchez (pelota e 50m), Tomás Bandín (500m e peso) e Patricia Vigo (pelota), e os sub12 Bruno García (peso e 2000m marcha), Manuel Fernández (2000m marcha), Alba Costa (peso), e Antía Pérez e Ainhoa Suárez (2000m marcha). Participaron tres equipos de relevos: sub10 masculino (Tomás, Gabriel, Daniel e Iago Bouzas), e sub12 feminino e masculino (Alba, María, Sara e Laura, e Jorge García, Nadir, Nuno e Bruno).

Campionato de Galicia de Clubes sub-16 e sub-20

Espectacular actuación no Campionato de Galicia de Clubes sub-16 e sub-20 celebrado o 5 de maio nas pistas da Malata de Ferrol. Os dous equipos sub16 do Club, masculino e feminino, finalizaron segundos, nunha emocionante competición especialmente na categoría feminina, na que as rapazas finalizaron a tan só dez puntos do primeiro posto.

Moi destacable tamén foi a actuación na categoría sub20, na que participan conxuntamente atletas das categorías individuais sub18 e sub20. No primeiro ano en que contamos con esta categoría no club, e practicamente só con atletas sub18, o equipo masculino rematou quinto, sendo oitavo o feminino.

Agradecemos a colaboración dos atletas dos clubes filiais Atlética A Silva e Club Atletismo Negreira.

As nosas marchadoras na 1ª XORNADA XXXVI COPA DEPUTACION DE ATLETISMO EN PISTA

O sábado 13 de abril acudiron ás pistas de Pereiro de Aguiar en Ourense as marchadoras do club Sofía Campos, Salomé Segade e Mayka Jueguen. Na proba de 3000 marcha Sofía Campos conseguiu a marca mínima para o Campionato de España sub-16.

Cambio na Presidencia do Club

Unha vez rematado o proceso electoral, e celebrada a Asemblea Xeral convocada para o día 5 de Abril de 2019, foi proclamada Presidenta do Club Atletismo MillaRaio Purificación Cariñena Amigo.

Competicións da fin de semana

Esta fin de semana algúns dos maiores do club repartíronse entre a Liga Individual de Lanzamentos Longos en Cangas (Laura Barbazán e Zulfa Muíño en martillo, sendo terceira e cuarta na clasificación da xornada), e o XXXII RECONQUISTA-TROFEO ANTONIO FERNÁNDEZ en Vigo, onde Diego Seoane subiu ao podio ao ser primeiro en 300m valados, proba na que foi segundo Mateo Aller, e na que en categoría feminina foi terceira Teodora Ruso.

Os máis pequenos competiron no Xogade en Ribeira.

Gala do Atletismo Galego

O 29 de marzo a Federación Galega de Atletismo celebrou en A Estrada a súa Gala de recoñecemento aos atletas destacados do ano 2018, e entre eles estiveron Daniel Mato e Zulfa Muíño. Dani foi medalla de ouro en lanzamento de xavelina no Campionato de España Sub16, e Zulfa foi parte do equipo da Selección Galega Sub16 de marcha, que acadou a medalla de bronce no Campionato de España por Federacións de Marcha en Ruta. Parabéns aos dous!!! E o noso agradecemento polas fotos a RunPhotos Galicia e Fotocarlosgrafias.

Participación do club no VIII Trofeo Club Deportivo Aurum

As nosas marchadoras Sofía Campos e Salomé Segade participaron nos 3000m marcha do VIII Trofeo Club Deportivo Aurum o domingo 24 de marzo en Ourense. Tamén competiu a nosa adestradora Mayka Jueguen, nos 5000m marcha. Tanto Sofía como Mayka foron segundas nas súas respectivas probas.

No apartado masculino, participaron nos 3000m marcha Alfonso Labella e Nicolás Collazo, e nos 5000m marcha, Manuel Labella. Pero non todo foi marcha, Teodora Ruso e Niko Pato competiron na esixente proba dos 1500m obstáculos (aínda que desta proba non temos fotos).

Renovamos a colaboración con Addomo Arquitectura Modular

Comezaron todas as categorías escolares a participación nos Xogade. O día 16 foron as probas combinadas sub14 e as individuais sub10 na Pobra, e o pasado sábado 23, as combinadas sub12 e as individuais sub14 en Riveira. Coma sempre, moi boa a participación de todos os atletas nas diferentes probas. E de novo este ano queremos agradecer o apoio ao club de Addomo Arquitectura Modular, con quen acabamos de renovar a colaboración por outra tempada máis.

Nas fotos, algúns dos participantes nas probas en A Pobra e en Riveira.

Concentración do Plan Galego de Tecnificación Atlética do sector de lanzamentos

O sábado 23 de marzo dous atletas do club, Dani Mato en xavelina, e Dani Cariñena en disco, participaron na concentración do sector de lanzamentos que tivo lugar nas instalacións do INEF en Bastiagueiro.

Convocatoria Asemblea

O próximo venres 5 de Abril de 2019 (ás 20:30 h. en primeira convocatoria e ás 21:00 h. en segunda convocatoria) celebrarase no campo de adestramento de Biduído a Asemblea Extraordinaria correspondente ao remate do proceso de eleccións á presidencia do club.

Documento da convocatoria

Deki Mato e Mateo Aller no Campionato de España sub16 en pista cuberta

Despois dos ouros conseguidos no Campionato de Galicia sub16 en pista cuberta nos 1000m e no salto de altura, respectivamente, Deki e Mateo competiron nestas mesmas probas no Campionato de España celebrado en Sabadell o 16-17 de marzo.

Deki e Mateo co adestrador Nacho Castro en Sabadell

Deki finalizou segunda na súa eliminatoria dos 1000m, clasificándose para a final, e rematando finalmente na oitava posición. Mateo finalizou o salto de altura na decimooitava posición dun total de 26 atletas. Parabéns aos dous!!!

Deki na proba dos 1000m (Fotografía: Salva Pou)

XXX Campionato de Galicia Master de Pista Cuberta

Puri Cariñena obtivo medalla de prata en 60m e 200m e bronce en 400m na categoría F45. Antonio Pose foi bronce no salto de lonxitude M50. Participaron ademais Manuel Anxo Suárez, Javier García e Dolores Miramontes nos 60m.

Convocatoria de Eleccións á Presidencia do Club

Benqueridas/os socias/os:

Na reunión da Xunta Directiva celebrada en data 6 de Marzo de 2019, por unanimidade, acordouse convocar eleccións á Presidencia do Club Atletismo Millaraio, sendo a data das eleccións o día 5 de Abril de 2019, entre as 18:00 e as 20:00 horas, celebrándose as votacións no campo de adestramento de Ventín-Biduído.

Podedes consultar o texto íntegro da convocatoria e o regulamento electoral no seguinte documento: Convocatoria Eleccións

Sendo requisito para a validez das candidaturas á Presidencia do Club a aportación do aval do 10% das/dos socias/os, proporcionamos un modelo orientativo de aval: Modelo_Aval

XXXII Campionato de Galicia Sub16 en Pista Cuberta

Dezaseis atletas do club participaron no Campionato de Galicia sub16 en Pista Cuberta celebrado o 2 de marzo en Ourense. Grandes marcas e un total de seis medallas: catro ouros, unha prata e un bronce.

Ouro por partida doble para Mateo Aller en salto de lonxitude e en salto de altura (nesta última proba acadando a mínima para o Campionato de España a celebrar o 16 de marzo en Sabadell).

Mateo Aller no podio de salto de lonxitude
Podio do salto de altura

Ouro tamén para Iago Cid en salto con pértega, e para Deki Mato nos 1000m, proba na que tamén está clasificada para participar no Campionato de España a próxima semana.

Ouro para Deki Mato nos 1000m
Iago Cid, medalla de ouro en salto con pértega

Valeria Batire Guridi acadou a medalla de prata nos 3000m, e Uxía Fernández foi bronce nos 60m valos.

Batire Guridi, prata nos 3000m

Excelente actuación tamén do resto de participantes: Iago Cid cuarto en lonxitude, Diego Seoane cuarto en 60m valos e sexto en 300m, Teodora Ruso quinta en 600m, Uxía Fernández quinta en lonxitude e Ahinara Troiteiro oitava, participando tamén nos 60m, Niko Pato quinto en 600m, Mario Vilar sexto en lanzamento de peso, e finalista en 60m valos, Daniel Cariñena sétimo en 60m e sexto en salto de altura, Ángela Eiras oitaba en triple salto, Matías Barca décimo en 300m e undécimo nos 60m, Roi Manteiga undécimo no triple salto, Sofía Campos participou na final de 3000m aínda que tivo que retirarse con molestias no xeonllo, e David García que tamén con molestias participou no salto de altura.

Máis fotos da xornada no noso Facebook.

XII Campionato de Galicia Sub10 – Sub12 – Sub14 en Pista Cuberta

Gran participación dos atletas das categorías sub12 e sub14 no Campionato de Galicia de Pista Cuberta celebrado o 24 de febreiro en Expourense, no que se obtiveron un total de catro medallas (dous ouros, unha prata e un bronce), e moitas melloras de marcas persoais.

En categoría sub14, Noel Ferraces foi medalla de ouro en 60m valos, participando tamén no triple salto. Alejandro Jiménez conseguiu meterse na final dos 60m e participou tamén en triple salto. Pablo Cariñena participou nos 60m e lanzamento de peso, Lucas Pena en 2000m e triple salto, Álvaro Francos en salto con pértega, Antía Figueiras en salto de altura e triple, e Noa Piñeiro en 1000m.

Noel Ferraces, ouro en 60m valos

Na categoría sub12, Laura Sanz conseguiu a medalla de ouro nos 60m, participando tamén en salto de lonxitude. Nuno Castro logrou un doblete sendo prata en 60m e bronce en salto de lonxitude. Participaron tamén nesta categoría David Moreno en 500m e María Estévez en 1000m.

Laura Sanz, ouro en 60m
Nuno Castro, prata en 60m
Nuno Castro, bronce en salto de lonxitude

Campionato de Galicia Sub18 en Pista Cuberta

Un total de seis atletas participaron no Campionato de Galicia en Pista Cuberta, na categoría sub18, celebrado o 23 de febreiro na pista de Expourense: Laura Barbazán en lanzamento de peso e nos 60m valos, Antón Gómez en 60m e 200m, Daniel Souto en 60m e 60m valos, Luis García en 60m valos e salto de lonxitude, Uxía Rey en 60m e Enrique Quintero en 800m.

Dani Mato no IV Campionato de España de Inverno de Lanzamentos Longos Menores

O 23 de febreiro Dani Mato participou en Castellón no Campionato de España de Inverno de Lanzamientos Longos Menores, en categoría sub18, onde cun gran rexistro de 52,65m ocupou a quinta praza na clasificación de lanzamento de xavelina.

Dani Mato co seu adestrador