VII Liga Galega de Inverno de Categorías de Menores ABANCA

O 22 de decembro celebrouse en Ourense a final da VII VII Liga Galega de Inverno de Categorías de Menores ABANCA, para a que o club clasificou dous equipos: sub-14 masculino e sub-12 feminino. Os rapaces sub-14 finalizaron no podio, sendo terceiros despois dunha gran competición. As rapazas finalizaron quintas nunha clasificación moi axustada nesta categoría sub-12.

Xantar de Nadal

Lembrade que o próximo sábado 15 de decembro teremos o tradicional xantar de nadal do club. Nesta ocasión será no restaurante San Martiño de Teo ás 15:00.

O día 15 de decembro será tamén a data límite para devolver a lotería de Nadal que non se vendera.

Lotería de Nadal: número 78255

Estimados soci@s,

Xa temos dispoñible a lotería de Nadal do club para os que queirades comprar ou ben vender participacións. Temos o número 78255en participacións de 5 euros con 0,80 de donativo para o club. Hai talonarios de 10 ou 25 participacións. Os que queirades comprar ou axudar a vender poñédevos en contacto con algún membro da Xunta Directiva. Os sábados pola mañá podedes falar directamente  nas pistas con María José.

Moitas grazas.

V CAMPUS DE ATLETISMO MILLARAIO

Do 3 ó 11 de setembro celebrarase o V Campus de Atletismo MillaRaio no complexo deportivo de Bertamiráns.
O campus está aberto a nen@s nados entre 2012 e 2006 e terá lugar en horario de mañá, de 09: a 13:30.
O prezo do campus será:
  • Soci@s de MillaRaio: 50 €.
  • Non soci@s: 80 €.
Na seguinte ligazón podedes facer a inscrición ata o 31 de agosto:
Posteriormente enviaranse os horarios de actividades do campus.
Podedes consultar aquí a circular informativa:

Preinscrición para a tempada 2018-2019

Con vistas a organizar o inicio da próxima tempada, tedes a vosa disposición na seguinte ligazón o formulario de preinscrición:

Formulario

Unha vez cuberto, recibiredes por correo electrónico a información sobre o club. No mes de setembro poñerémonos en contacto para indicar cando se pode vir probar a actividade, e convocarase aos pais/nais a unha reunión informativa.

Daniel Mato, campión de España de lanzamento de xavelina

Noraboa a Daniel Mato, que se proclamou campión de España sub-16 no Campionato celebrado o 30/06-01/07 en Castellón, cun lanzamento de 51,85 metros.

.

Novo record galego na proba de 5×80 metros

Durante o Campionato de España sub-14 por equipos o equipo de relevos 5×80 metros lisos do Millaraio, formado por Matías Barca, Alejandro Jiménez, Mario Vilar, David García e Daniel Cariñena estableceu un novo record galego na proba, cun tempo de 51.66 segundos.

O equipo infantil masculino, SEXTO no Campionato de España sub-14 por equipos

O equipo infantil (sub-14) masculino logrou a mellor clasificación na historia do club no Campionato de España sub-14 por equipos celebrado os días 16-17 de xuño en Guadalajara, competición na que quedaron sextos dun total de trinta equipos clasificados. Todos tiveron unha gran actuación mellorando as súas marcas.

Daniel Mato medalla de prata no Campionato de España por Seleccións Autonómicas Sub16

Daniel Mato foi seleccionado para participar, como lanzador de xavelina, coa Selección Galega no Campionato de España por Seleccións Autonómicas Sub16 en Idade Escolar celebrado o 16 -17 de xuño en Avilés, quedando en segunda posición na súa proba e obtendo así a medalla de prata.

Campionatos de Galicia Individuais

O día 27 de maio celebrouse no Barco de Valdeorras o Campionato de Galicia Individual Sub-16, no que os nosos atletas acadaron un total de cinco medallas. Daniel Mato proclamouse campión galego en lazamento de xavelina e foi terceiro en 300 metros lisos. Pablo Alonso resultou campión galego no salto de altura, e Zulfa Muíño foi prata en 3000 metros marcha. Iago Cid acadou o bronce en lanzamento de xavelina, proba na que Pablo Alonso foi cuarto. Destacar tamén os cuartos postos de Iago Cid no salto con pértega, Uxía Fernández nos 100 metros valados, e Teodora Ruso nos 1500 metros obstáculos.

O Campionato de Galicia Individual das categorías Sub-10, Sub-12 e Sub-14 tivo lugar en Pontevedra o día 9 de xuño. Para este campionato lograron a clasificación 30 atletas do club. Na categoría Sub-12 Irene Vidal proclamouse campiona galega en salto de altura, sendo Pablo Cariñena cuarto nos 60 metros lisos. Na categoría Sub-14 Daniel Cariñena foi vencedor e campión galego en lanzamento de disco, e subcampión en 80 metros lisos. David García proclamouse campión galego en salto de altura. Destacan tamén os cuartos postos de Matías Barca en 80 metros lisos e 80 metros valados, Mario Vilar no lanzamento de peso, e David García no triple salto, sendo Roi Manteiga quinto nesta proba.

Daniel Cariñena Bronce no Campionato de España Sub-14 individual

Os días 2 e 3 de xuño disputouse nas pistas de atletismo de San Fernando, Cádiz, o campeonato de España Infantil individual, no que participou Daniel Cariñena López na especialidade de Triatlon D. Este triatlon está formado polas probas de 80 metros lisos, lanzamento de peso e lanzamento de disco. Tras unha extraordinaria competición durante as dúas xornadas, Daniel Cariñena alzouse cunha merecida medalla de bronce, a primeira medalla nacional do club en categoría masculina e segunda na súa historia.

Campionatos de Galicia por Clubs 2017-2018

Resumimos a participación do Millaraio nas competicións por equipos desta tempada, destacando os resultados dos equipos masculinos sub-14, prata no campionato galego celebrado en Lugo o 12 de maio, e sub-16, bronce no campionato galego celebrado na Coruña o 5 de maio, e no que resultou quinto o equipo feminino.

No campionato de Galicia de relevos celebrado en Ourense o 17 de maio, o equipo sub-16 acadou dous podios, sendo prata no relevo 4x100m e bronce no relevo 4x300m. As rapazas sub-14 quedaron en cuarta posición no relevo 4x80m.

Control de marcas cancelado

O control de marcas foi cancelado a día de hoxe por decisión do comité de xuíces da Federación.

Control de Marcas en Santiago

O sábado 3 de marzo, en xornada de tarde, o club colabora no desenvolvemento do control de marcas organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Delegación de Santiago da Federación Galega de Atletismo, que terá lugar nas pistas de atletismo da USC.

Regulamento e inscricións na web da FGA.

Excelente participación do club no XI Campionato de Galicia Sub10, Sub12 e Sub14 de Pista Cuberta

Este ano 24 atletas do club participaron no Campionato Galego Sub10(BEN) – Sub12(ALE) – Sub14(INF) celebrado na Pista Cuberta de Expourense o 25 de febreiro. Esta alta participación deu lugar a moitas melloras de marcas persoais, e a consecución de cinco medallas, entre elas un campionato galego.

Doblete do club nos 60 metros lisos sub14, sendo ouro e campión galego Daniel Cariñena, e prata Matías Barca, cun tempo na final de 8.19 e 8.36 segundos respectivamente.

Medalla de prata para Ariana Collazo no lanzamento de peso sub10, que se foi ata os 5.92m.

Bronce para Ángela Eiras no triple salto sub14, con 9.31m.

E bronce tamén para Matías Barca nos 60 metros valados sub14, cun tempo de 10.80 segundos.

Parabéns a todos os participantes!!!

Máis fotos do campionato no Facebook.

Lotería de Nadal: número 90225

Estimados soci@s,

loteriaXa temos dispoñible a lotería de Nadal do club para os que queirades comprar ou ben vender participacións. Temos o número 90225, en participacións de 5 euros con 0,80 de donativo para o clube. Hai talonarios de 10 ou 25 participacións. Os que queirades comprar ou axudar a vender poñédevos en contacto con algún membro da Xunta Directiva. Dádevos presa que xa se están acabando!!

Moitas grazas.

PROCESO DE ALTA

Para formalizar a alta dun novo atleta, unha vez enviado o formulario de preinscrición, descargue e cumprimente os seguintes documentos:

Ficha Tempada 2017-18

Domiciliación bancaria

Domiciliacion bancaria editable en libre office

Envíe por correo electrónico os documentos cubertos á conta:

altaerenovacion@millaraio.es

IV CAMPUS DE ATLETISMO MILLARAIO

Un ano maís presentamos o IV Campus de Iniciación ó Atletismo de MillaRaio que se celebrará no Complexo Deportivo de Bertamirans do 4 ó 8 de setembro.

OBXETIVOS:

– PARA OS SOCIOS DO CLUBE ATLETISMO MILLARAIO: Comenzar a nova tempada dunha forma lúdica e diferente.

– PARA OS QUE NO SON SOCIOS DO CLUBE: Ofrecer unha primeira toma de contacto co mundo do atletismo dun modo divertido.

O Campus terá horario de mañá, de 09:00 a 13:30 e o precio será de 45 euros para os que non son socios do clube e 35 euros para os atletas do clube.

A inscripción farase no seguinte enlace:

INSCRIPCIÓN CAMPUS

COMIDA DE FIN DE TEMPORADA

El próximo sábado 1 de julio tendremos la comida de fin de temporada en el Restaurante Squash de Milladoiro a las 15:00.
El menú será el siguiente:

MENU INFANTIL:10 EUROS
PRIMERO: CROQUETAS Y TORTILLA
SEGUNDO: MILANESA CON PATATAS.
TARTA HELADA

MENU ADULTO: 12 EUROS
PRIMERO: TORTILLA Y EMPANADA
SEGUNDO JAMÓN ASADO
TARTA HELADA
CAFÉ

Se podrá hacer uso de la piscina del centro, para ello se tendrá que llevar calzado adecuado (chanclas) bañador y toalla.

Para hacer el pago de la comida tenemos dos opciones:

  • Efectivo, entrega a un miembro de la directiva.
  • Ingreso/transferencia. En el siguiente número de cuenta:

ABANCA: ES46 2080 0372 8230 4001 1333

En el caso de ingreso/transferencia como concepto hay que incluir el nombre del atleta.

El plazo para efectuar el pago será hasta el día 26 a las 15:00.

Podeis inscribiros a la comida en el siguiente enlace:

COMIDA DE FIN DE TEMPORADA

 

LANZAMENTOS E MARCHA PROTAGONISTAS NO MILLARAIO

Esta fin de semana os lanzamentos e a marcha foron os protagonistas na actividade do Clube Atletismo MillaRaio que presentaba atletas ó Campionato Galego de lanzamentos longos, ó Campionato Galega de Marcha en Ruta e ó Campionato Galego de Pentlatón de lanzamentos, acadando un total de sete medallas e catro Campións Galegos.

Comenzamos a competición o sábado co Campionato Galego de Lanzamentos longos de inverno en Pontevedra onde competían 4 atletas.

En martelo feminino Alicia Gomez acadou a séptima posición con 29,50 non tendo o seu mellor día en resultados pero si en loita e actitude.

Xa pola tarde, no lanzamento de disco cadete masculino Antón Nogueira acadou unha meritoria cuarta posición cun rexistro de 26,48 pulverizando a sua marca persoal, e Torcuato Labella cuns impresionantes 32,23, tamén marca persoal, proclamouse Campión galego.

Na proba de Xabalina cadete masculina, Antón Nogueira volveu a ser cuarto mellorando de novo a sua marca persoal cun lanzamento de 26.58, Daniel Mato revalidou o seu título de Campión Galego cun gran lanzamento de 35,52, e Torcuato Labella con 32.28 mellorou os seus rexistros alzándose co bronce e logrando así a sua segunda medalla nestes campionatos.

O domigo pola mañán na Pobra no Campionato Galego de Marcha en Ruta e cunha delegación de 12 atletas, record de MillaRaio, acadaronse un total de 3 medallas.

Na categoría benxamín Bruno García e Ariana Collazo seguiron mellorando e acadando experiencia, igual que Irene Vidal, Irene Rodiles, Miguel Picos e Lucas Pena na categoría alevín onde Alfonso Labella logrou unha meritoria 4 posición.

Na categoría infantil participarón Manuel Labella, Sara Lema que se quedou as portas do podio cunha gran carreira que lle serviu para lograr a cuarta posición, e Zulfa Muiño que se proclamou Campiona Galega de Marcha en Ruta.

Finalmente gran actuación de Nicolás Iglesias cun merecidisimo Bronce que lle abre as portas da selección galega, e de Mayka Jueguen en veteranas que logrou o ouro na sua categoría.Finalmente, a fin de semana remataba co Campionato Galego de Pentlaton de lanzamentos Veterán, onde David García logrou o bronce na sua categoría.