Resultados do campeonato Escolar de Atletismo en pista de Riveira

Aqui tedes o adianto dos resultados da competción do pasado sábado en Riveira.

RESULTADOS ESCOLAR EN PISTA RIVEIRA

Campionato Escolar Atletismo en pista – Comarcal Santiago e Noia

Este sábado día 6 vaise a celebrar en Riveira o Campeonato Escolar de Atletismo en pista. Esta é a  primeira das duas competicións clasificatorias para o provincial (a outra será o 20/04 en a Pobra, co mesmo horario)  e o Millaraio conta con 56 atletas inscritos en todas categorías.

A continuación compartimos o enlace para as probas e os horarios:

Avisos  importantes:
* O Autobús no que nos desprazaremos ata Riveira é o número 2, e fará a súa saída de rotonda que da ao Parque Eugenio Granell (a carón do Corte Inglés) as 09:00 da mañá. Levaranos ata o estadio de atletismo de A Fieiteira en Riveira.

*Os que non van en autobús recordade que de non estar media hora antes da proba podedes quedar sen participar na mesma.

* Os rapaces que ides a pasar o día tedes que levar a comida pois non haberá este servicio neste día.

* Levar a camiseta oficial do clube (branca) e no caso de non tela, a azul. Todos os que teñen zapatillas de clavos deben levalas!

Por outro lado os que non vaiades, ese día non haberá adestramento 
Sorte a todos e ánimo Millaraio!!

CITIUS ALTIUS FORTIUS-Campeonato Galego Cadete en Pista Cuberta

Deixamosvos o enlace do programa número 92 Citius,Altius,Fortius da TVG  no que podedes ver un resumo do Campeonato Galego de Pista Cuberta celebrado o día 2 de marzo en A Coruña ,e no que participaron atletas do noso clube.Poderedes ver tamén no minuto 24.23 ao noso membro Martín Fernandez, no podio de salto de lonxitude no que acadou unha marca de 5.32 mts

Campeonato Galego Cadete Pista Cuberta

Noraboa a todos!!

Trofeo Fontes do Sar – Millaraio 2º Por equipos

O Sábado día 23 vimos de celebrar o Primeiro Campionato do club Fontes do Sar, evento preparado man a man co noso  club Millaraio e coa colaboración de Federación Galega de Atletismo, materializada polos Xuíces e pola labor da súa delegación en Santiago.

Este Torneo, ven a completar o segundo fin de semana de competición para os escolares, pois os rapaces  puideron participar na maioría das especialidades do atletismo, xa que o Trofeo Fontes do Sar completou as especialidades non disputadas no Trofeo Millaraio que encargouse de organizar as probas mais técnicas (valados, lanzamentos de pelota e xavelina, salto triplo e salto en altura).
Neste Trofeo tamén participaron  atletas de categoría absoluta nas probas de 100m, 800m e 3000 que completaron así o abano de probas de pistas cos 200m, 400m e 1500 do fin de semana anterior. Algúns dos nosos atletas veteranos tamén participaron podendo probarse de cara aos vindeiros campionatos galegos de veteranos en Xuño.
Canto aos resultados, podemos destacar unha grande cantidade de marcas persoais e de podios, que axudou a que o clube asegurase a 2ª praza por equipos, recibindo un cheque de 125 Euros en material deportivo, ofrecimento de deportes Amancio. Por outra parte, o resultado deportivo mais importante se logrou en canto ao aprendizaxe de como cada un debe actuar nas competicións oficiais, no coñecimento de novas probas e tamén na evaluación de cada deportista cara a escoller as probas nas que tomará parte nos clasificatorios escolares.
Temos que felicitarnos pola grande participación nestes dous eventos, a pesar dos problemas que xurdiron a última hora a fin de semana pasada.  Entre as dúas competicións tivemos en total una asistencia de preto de 1000 atletas de tódalas categorías o que nos demostra a necesidade deste tipo de iniciativas e que estamos traballando no bo camiño na  promoción deste deporte.
Outro dato moi importante é a participación dos pais e voluntarios, que fixeron un grande traballo, montando e desmontando, auxiliando os xuíces, organizando os nosos atletas e, como non, apoiando e ofrecendo axuda en todo momento! Sen a  vosa colaboración, non sería posible realizar os eventos!
No enlace adxunto enviamos as listas provisionais de resultados que volveremos a publicar cando sexan definitivos:

Resultados Trofeo F. do Sar

Culminamos con éxito o proxecto das probas de preparación de pista, organizadas e patrocinadas polos dous clubes (Millaraio e Fontes do Sar) e xa falta pouco para os clasificatórios do deporte escolar en pista, coa primeira proba en Riveira o día 06/04.  Enviaremos a Invitación cos detalles para poder facer a inscripción e confirmar aqueles que utilizarán o transporte en autobús.

I Trofeo fontes do Sar

De novo este sábado temos unha cita co atletismo, esta vez participando no I Trofeo Fontes do Sar, no Estadio Universitario de Santiago. Serán probas para escolares, dende pre-benxamín ata xuvenil, e nalgunhas disciplinas tamén poderán participar as categorías superiores. Por suposto o noso club terá participación en tódalas categorías e en todas as disciplinas e tamén botaremos unha man na organización para o que lles faga falta unha vez que a programación das probas foi feita en conxunto con o Millaraio e o ontes do Sar tamén colaborou no noso Torneo.

Ao longo do día de hoxe enviaremos as listas coas probas que fará cada atleta.
Recordamos tamén que han de estar todos os participantes no Estadio, polo menos30 minutos antes da saída da súa proba. E imprescindible levar a camiseta do clube,pantalón corto e , os que teñan, as zapatillas de cravos.
Neste enlace tendes toda a información dos horarios das probas e das categorías participantes:
TROFEO FONTES DO SARVémonos no Estadio!!

I Trofeo MILLARAIO. Resultados e clasificacións

 

Este Sábado 16 o noso clube ven de prepar o seu primeiro campeonato, cun éxito notable, a pesar de todos os problemas surxidos a última hora.

Lamentablemente o tempo tampouco nos acompañou, así que o esforzo de todos foi moito maior e por iso
queremos agradecer a todos os atletas e as súas familias, tanto do clube coma dos nosos convidados, a boa disposición para cambiar os plans do día e apoiar este primerio campeonato, que a pesar das baixas tivo unha asistencia notable.
Temos que agradecer tamén os esforzos feitos para que todo saíse ben ao noso Presidente David García, ao noso director deportivo, Joao Fernandez, a Delegación de Atletismo de Santiago e a dirección do club Fontes do Sar, para que as molestias fosen as minimas. Tamén dar as gracias a os pais e nais voluntari@s do clube que axudaron aos xuices nas diferentes probas.

Adxuntamos os resultados das diferentes probas
A entrega do TROFEO MILLARAIO ao primeiro equipo masculino e femenino, realizarase ao inicio da competición do próximo sábado día 23, no I TROFEO ATLETISMO FONTES DO SAR, que tamén se realizará no Estadio da USC. Mais de 20 clubes tiveron puntuación, levando cando menos unha medalla para o seu palmares o que nos deixa moi contentos!

Os primeiros clasificados forón os equipos do Clube anfitrión, non sen unha forte disputa na categoría femenina que faría con que apenas 2 puntos separasen o campión do segundo colocado (Atlética A Silva) que pola súa conta sacou 3 pontos ao conxunto femenino do AT. Barbanza!

Aquí tendes as clasificacións por equipos :

MASCULINO:

  1. MILLARAIO, 47 PUNTOS.
  2. USC, 20 PUNTOS.
  3. ATLETICA A SILVA, 16 PUNTOS.
  4. RIA DE FERROL-CONCEPCIÓN ARENAL, 7 PUNTOS.
  5. SUAREZ MARQUIER, 5 PUNTOS.
  6. ATLETICA NEGREIRA, 5 PUNTOS.
  7. AT. BARBANZA, 4 PUNTOS.
  8. VIGUESA DE ATLETISMO, 4 PUNTOS.
  9. FONTES DO SAR, 4 PUNTOS.
  10. ELITE NOIA, 3 PUNTOS.
  11. AT. NOIA, 3 PUNTOS
  12. R.C. CELTA, 2 PUNTOS.
  13. S.G. PONTEVEDRA, 2 PUNTOS.
  14. C.A. AFFLELOU NARON, 2 PUNTOS.
  15. A. TUI, 2 PUNTOS.
  16. AT. DEZA, 2 PUNTOS.
FEMININO:
  1. MILLARAIO, 23 PUNTOS.
  2. ATLETICA A SILVA, 21 PUNTOS.
  3. AT. BARBANZA, 18 PUNTOS.
  4. AT. VILA DE CANGAS, 14 PUNTOS.
  5. ATLETISMO CUNTIS, 14 PUNTOS.
  6. USC, 8 PUNTOS.
  7. FONTES DO SAR, 7 PUNTOS.
  8. A. FEMENINO CELTA, 5 PUNTOS.
  9. AT. DEZA, 3 PUNTOS.
  10. COMESAÑA SPORTING CLUB, 3 PUNTOS.
  11. CLUB ATLETISMO A ESTRADA, 3 PUNTOS.
  12. CLUB ALEJANDRO GOMEZ, 1 PUNTO.

O Sábado que ven esperamos de novo unha festa do atletismo en pista coa disputa do Trofeo Atletismo Fontes do Sar co cal tamén colaboraremos axudando a organización e onde levaremos a maioría dos nosos 80 atletas para facer a súa posta a punto de cara ao escolar do día 06/04 en Ribeira!

I Trofeo MILLARAIO de atletismo en pista

 Este sábado 16 de marzo celebrarase no estadio de atletismo da Universidade de Santiago de Compostela o primeiro Trofeo Millaraio de atletismo en pista na que será a primeira toma de contacto coa pista nesta tempada.
Coa celebración deste trofeo ofrecemos ós atletas, tanto ós dos noso clube coma ó resto dos participantes, a oportunidade de mellorar as suas marcas ou ter o primer contacto coas distintas probas de atletismo en pista que formarán parte deste Trofeo antes das fases previas de atletismo en pista.
O clube fará a inscripción dos atletas de Millaraio, durante a semán informarase ós atletas do clube acerca das probas nas que tomarán parte.

Aquí tedes o enlace á relación das probas que se disputarán o sábado e o horario das mesmas:

Campionato galego cadete pista cuberta

A piques estivo de conseguir un metal Nicolás Rodriguéz-Cadarso! Acadou un meritorio 4º posto na final do salto de lonxitude tras superar un inicio difícil no que non era quen de coller táboa, pero tras superar estes problemas fixo un salto de 4.93 que lle fixo subir 4 posicións na clasificación final. Foi 5º na final dos 50 m.v  cunha boa marca de 9.05, lembremos que os valos miden 0.91 metros de alto!
Samuel Huesca fixo un moi bo lanzamento de peso (9.70, Record do Clube!),mellorando mais de 1 metro e medio súa anterior marca, o que lle permitiu acadar o 6º posto. Ademáis, correu os 50 m.l dunha forma extraordinaria, baixando de 7” por primeira vez e quedando as portas da final.

O ansiado metal para o Clube  chegaría das dos pés de Martín Fernández que acadou a medalla de prata no salto de lonxitude cunha marca de 5.32 quedándose a menos de 50cm da mínima para o Campionato Nacional. O atleta que tamén estivo a punto de pasar á final dos 50 m.l, realizou unha grande serie de saltos, todos por encima dos 5m, demostrando unha boa regularidade!

A nosa atleta completa de combinadas Andrea González,  tiña unha maratón de probas por diante!  Pola Mañana, correu as series e as semifinais dos 50m.l (7”44) e participou na final de Salto de Lonxitude onde  non tivo fortuna no axuste do talonamento e realizou 3 nulos quedando fora da mellora. Pola tarde, na carreira con valos fixo unha boa actuación (9”25, MMP), tendo en conta o pouco adestramento específico de esta proba que ten feito ata agora.

O equipo feminino estivo representado ademais por outras 3 atletas que melloraron súa marca persoal! Rocio García e Irene Ibañéz (tamén participou nos 50m.l)  fixeron unha boa carreira de 600m.l, con marcas moi próximas aos 2 minutos,  onde o nivel foi moi alto quedando 10ª e 13ª respectivamente.  Aldara Díaz fixo unha moi boa carreira de 50 m.l mellorando considerablemente a súa marca en relación coa que tiña en 60 m.l!
Resultados Galego Cadete PC

É un grande orgullo para o clube levar a 7 atletas a unha competición autonomica onde se retan contra os mellores atletas de Galicia e por ribaTODOS melloran suas marcas persoais!

Parabéns para todos!!!

Actividades fin de semana e europeo de atletismo

Temos un parón nos adestramentos do fin de semana para que os nosos atletas fagan 2 competicións en diferentes cenarios da xeografia galega en competicións de pista e ruta!

Os primeiros en poñerse a proba serán os atletas do equipo cadete que levan o equipo mais numeroso que nunca tivo Millaraio nun campionato galego cadete en pista, cun total de 7 atletas que disputarán diferentes probas de velocidad, saltos, vallas, lanzamentos e medio fondo, para as cuais se esixia unha mínima de participación que os atletas do clube alcanzaron.
Outra cita xa tradicional é a carreira de Padrón, onde o clube acude con toda a súa forza, nunha carreira sen cuestas onde sempre hai bo ambiente!  Ese ano ademais, nosos atletas terán a posibilidade de ver na carreira absoluta un impresionante palmares de atletas unha vez que a carreira de 10 Km é válida como campionato galego Absoluto de 10 km en ruta e contará coa presencia de Alejandro Fernández, Pedro Nimo, Yolanda Gutierrez, Solange Pereira, Maria Jesus Gestido entre outros grandes atletas Galegos!
O clube faise cago de recoller os dorsais de todos os nosos atletas e montaremos un punto de encontro cercano ao arco de salida para facer a entrega e coordinar o quecemento cos adestradores!
RETRANSMISIÓN EUROPEU INDOOR- TELEDEPORTE
O canal temático TELEDEPORTE retransmite en directo durente todo o fin de semana o Campioanto de Europa de Atletismo baixo teito, dando a oportunidade de que poidamos acompañar os atletas españois e tamén os mellores atetas de Europa nas diferentes probas de pista e concursos.
Deixamos o enlace cos horarios das probas para que os nosos atletas poidan acompañar e aprender tamén observando ao mellores atletas da actualidade:
Un saúdo!

Campionato Provincial de Campo a Través-Culleredo

No programa Cancha Junior do pasado fin de semana saiu unha reportaxe do Campionato Provincial de Campo a Través, que tivo lugar en Acea da Ma (Culleredo) o sábado 16, así como unha entrevista á Campiona do Mundo Junior de Triple Salto, de nosa Provincia do Club A.D.D. do Barbanza da Pobra do Caramiñal.

Sudadeiras e loteria

Comentaros a todos os socios que se amplia o prazo para probar as sudaderas e cazadoras ata finais de ano. Para probalas podedes achegarvos pola tenda Centro Deportivo (situada en San Pedro de Mezonzo, Santiago). As sudaderas están totalmente subvencionadas polo clube e entregaranse de forma gratuíta, so tendes que pasar pola tenda  e deixar indicado o voso nome e a talla.
Insistir en que unha vez rematado o prazo o club non se fai responsable de que existan nenos/as sin esta prenda. Por outra banda, as cazadoras teñen un custo de 25 euros e poden ser adquiridas ben usando os puntos que teña o atleta ou ben pagando esta cantidade. A cazadora esta parcialmente subvencionada polo club.
Tamén informaros que o club adquiriu 2 décimos para xogar a lotería do número 5.857. No caso de que o número sexa premiado, este diñeiro será destinado a realizar actividades deportivas.

 

Primeira gran cita do inverno: campo a través escolar

Como todos xa saben, o vindeiro sábado 15/12 terá lugar a fase zonal de campo a través escolar no Parque da Alameda, sendo a primeira competición da tempada onde o Millaraio compete por equipos.
Na pasada carreira de Vedra os atletas deixaron unha grande mostra de participación levando a mais de 50 atletas á carreira nunha maña moi fría, que resultou ser unha preparación ideal para as carreiras de resistencia da tempada de cross que comeza coa de sábado. Ademais, vimos con moito entusiasmo a evolución de todos os atletas que xa ven os froitos do seu traballo na mellor resistencia que demostran día tras día, sendo que moitos xa alcanzaron postos de podio nun total de 7 medallas en diferentes categorías de Benxamín a Cadete, sendo o Clube mais galardoado entre todos os participantes no conxunto xeral da competición!

 

Carreira en vedra

Uff que frio

MILLARAIO mellor club de AMES

Como todos os anos, o concello de Ames organiza a Gala do Deporte, co obxectivo de premiar os destaques do deporte do noso Concello. A escolla dos premiados fica a cargo dos representantes de todos os Clubes do Concello que propoñen as candidaturas e tamén votan nas diferentes categorías para escoller os premiados de cada ano.
Na edición do 2012 temos o orgullo de se recoñecidos como O MELLOR CLUBE DO CONCELLO, recibindo o apoio da maioría dos Clubes que recoñecen a labor do Millaraio no fomento do deporte de base no Atletismo que é un deporte minoritario, contando con 73 atletas da categoría benxamín a xuvenil e unha importante participación de rapazas. Tamén recoñecen dende o concello a implicación do Clube propoñendo e participando de maneira activa en actividades deportivas e sociais do concello.