A marchadora do club Salomé Segade foi convocada pola Selección Galega de Marcha para o equipo Sub16 que participou no Campionato de Marcha Sub16 por Federacións que se celebrou o día 16 de febreiro en Torrevieja (Alicante), proclamándose subcampión de España nesta categoría.
No Campionato de Galicia de Inverno de Lanzamentos Longos Sub20 celebrado en Pontevedra o 15 de febreiro participaron dous atletas do club, Torcuato Labella e Antón Nogueira, conseguindo un total de tres medallas. Torcuato labella foi prata en xavelina e bronce en martelo, mentras que Antón Nogueira foi prata en disco.
Lanzamento de Xavelina: Prata para Torcuato Labella
Lanzamento de Disco: Prata para Antón Nogueira
Lanzamento de martelo: Bronce para Torcuato Labella
Mateo Dagnac, subcampión galego de campo a través na categoría sub12
O 15 de febreiro celebrouse en Portas (Pontevedra) a final do Campionato de Galicia de Campo a Través – Xogade. O club clasificou a dous atletas para esta final, Mateo Dagnac na categoría sub12, que finalmente resultaría subcampión galego. E Valeria Batire Guridi, da categoría sub16, que rematou na 15ª posición.
Aínda que as condicións metorolóxicas eran moi adversas para o desenvolvemento da competición, os lanzadores das categorías sub16 e sub18 do club deron o mellor de si no Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos celebrado na pista de atletismo de Vilagarcía de Arousa.
Dani Cariñena foi bronce no lanzamento de disco sub16.
Sara Castelo rematou en cuarta posición no lanzamento de disco sub18. Alfonso Labella foi quinto en xavelina e sétimo en martillo sub16. E Laura Barbazán non tivo sorte nunhas condicións tan complicadas, e logo de rozar o podio nos 50 metros valos o día anterior en Coruña, non pudo puntuar neste campionato no lanzamento de martelo sub18.
Destacada participación do Millaraio no LXIII Campionato de Galicia Sub18 en Pista Cuberta celebrado o día 8 de febreiro na pista cuberta de Riazor, con cinco medallas e varias MMP.
Manuela Raviña, prata nos 50 metros lisos, 7.00
Pablo Díaz, prata nos 1500 metros, 4:31.83
Antón Riveiro, prata nos 50 metros lisos, 6.27
Carla Pérez, bronce nos 400 metros, 1:02.49
Mateo Aller, bronce en salto de lonxitude, 5,92m. Ademais, Mateo chegou á final en 50 metros valos, conseguindo na semifinal con 7.53 a mínima para o Campionato de España de Pista Cuberta.
Laura Barbazán foi cuarta en 50 metros valos (8.57). Uxía Rey en 50 metros lisos e Diego Liñares en 50 metros lisos e 50 metros valos conseguiron tamén meterse nas respectivas semifinais. Magníficas tamén as participacións de también de Sabela Ferrás e Laura Barbazan en 50 metros lisos e Manuela Raviña en salto de lonxitude. E botando en falta a Antón Gómez, recuperándose da súa recente lesión. AÚPA MILLARAIO 💙💙💙
Agradecemos as fotos das premiacións a Víctor Hugo.
Segundo posto por equipos do club no Campionato de Galicia de Probas Combinadas Sub 16, 18, 20, 23 e Absoluto na Pista Cuberta de Ourense celebrado a fin de semana do 18 e 19 de xaneiro, no que o club participou con nove atletas.
Mateo Aller subiu ao podio, acadando o terceiro posto na categoría Sub18 Masculino.
Dani Cariñena rematou en cuarta posición na categoría Sub16, a tan só 29 puntos do terceiro clasificado. Ademais consegui a marca mínima para o campionato de España de Pista Cuberta na proba dos 60 lisos, cun crono de 7.56.
Excelente colleita de trofeos por equipos na segunda fase comarcal de Campo a Través Xogade: primeiro posto para o equipo Sub12 feminino, segundo posto para os equipos Sub14 masculino e Sub16 feminino, e terceiro posto para os equipos Sub12 e Sub16 masculinos. Mención especial para os clasificados a título individual para a fase provincial: Mateo Dagnac 4º sub12 Lucas Dagnac 4️º sub16 Sama Aller 5️ª sub10 Noraboa a tod@s!!!
O
28 de decembro o Concello de Ames organiza a I Carreira-andaina dos
Inocentes 2019. Consistirá nunha carreira e andaina a pé de 3 km aprox. e
a participación poderá ser individual ou en grupos de mínimo 3
integrantes.
Toda a recadación do día irá destinada a SOGAPS, (SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI).
ACTIVIDADES 17:30 Entrega de dorsais e agasallo na carpa organización 18:30 Sesión de quecemento grupal 18:40 I Carreira e andaina do Inocente Concello de Ames 19:30 SORTEO DE AGASALLOS E ENTREGA DE PREMIOS –FIN DE FESTA
O 7 de decembro celebrouse en Azuaga (Badajoz) o Campionato de España de Marcha de Inverno de promoción, no que participaron dúas atletas sub16 do club: Sofía Campos e Salomé Segade. Fenomenal actuación por parte de ambas, rematando Sofía na quinta posición, e Salomé na novena.
A terceira xornada da Liga Escolar Abanca celebrouse Riveira. Nesta última xornada clasificatoria para a final de novo tivemos unha grande participación do club en todas as categorías. Unha mágoa que as condicións da zoa de caída nos saltos de lonxitude e triplo dificultaran o desenvolvemento das probas.
Excelentes resultados no Campionato de Galicia de Inverno de Marcha. Ouro para Salomé Segade en categoría sub16 feminino, prata para Alfonso Labella en categoría sub14 masculino e bronce para Manuel Labella en categoría sub16 masculino. Ademais, os sub12 David Moreno e Nadir Moreira conseguiron rematar a súa proba sen avisos na súa estrea nesta modalidade, sendo finalmente 8º e 9º. Sara Lema tamén rematou sen avisos a proba sub16, mentras que Sofía Campos foi descalificada a 100 da meta cando ía rematar en primeira posición nesta categoría.
Salomé Segade, ouro na categoría sub16Alfonso Labella, prata na categoría sub14Manuel Labella, bronce na categoría sub16
A segunda xornada da Liga Escolar Abanca celebrouse en Bastiagueiro polos problemas para atopar instalacións na delegación de Santiago. Novamente grande participación das tres categorías sub10, sub12 e sub14 a pesar das malas condicións meteorolóxicas. #AddomoArquitecturaModular.
O 27 de outubro celebrouse a Carreira Pedestre do Concello de Ames, coa que colaboramos na organización, e na que de novo tivemos unha grande participación de atletas, nais e pais do club, como voluntarios e/ou como corredores nas diferentes probas. E con algún podio ademais: na categoría sub16 para Deki Mato e Batire Guridi, e na sub18 para Pablo Díaz e Antón Riveiro.
O equipo sub16 feminino clasificouse, por primeira vez na historia do club, para o Campionato de España de Clubs da categoría, coa colaboración das filiais de Atlética A Silva e Atletismo Negreira. O campionato celebrouse o 5 de outubro en Gijón, e tras unha boa competición as rapazas remataron finalmente no quinto posto.