DIA TRISTE PARA MILLARAIO

O pasado luns faleceu o irmán de Mabel Mougán, atleta veterana e directiva do clube ata fai moi pouco. Dende o clube queremos darlle o noso maís sincero pésame e ofrecerlle todo o noso apoio e forza nestes duros momentos.

Lazo NegroPara tódolos que estedes interesados en asistir ó funeral decirvos que será na Iglesia de Calo ás 17:00 horas.

CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE AMES

En primeiro lugar pedirvos disculpas por tódolos problemas que aconteceron durante a carreira de Ames, que ainda non sendo culpa do clube, afectaron ó mesmo. É necesario recoñecer e agradecer a tódolos atletas de Millaraio e a tódolos pais e nais a vosa masiva asistencia a esta carreira e o voso impresionante traballo tratando de organizar a proba e superando tódolos obstáculos e imprevistos que foron xurdindo durante a mañá. Gracias a todos porque si se pudo disputar esta carreira foi gracias a vos.

136648En canto á carreira, unha vez mais foi un éxito de participación de Millaraio en tódalas categorías, incluidas as categorías de veteráns onde cada vez maís pais e nais do clube se animan a participar, noraboa a todos.

Destacar a nivel individual as victorias de Dani e Deki Mato nas categorías Alevín masculino e benxamín feminino, coas que seguen a liderar o Circuito de Carreiras Populares da Diputación.

Aqui tedes o enlace ós resultados da carreira:

http://emesports.es/project/xiv-carreira-pedestre-concello-de-ames/

Por último, e debido a tódolos problemas que xurdiron na carreira, non pudimos facer a foto do clube. Así que farémola este Sabado dia 26 nas Pistas da USC as 12:00.

GALA ENTREGA DE PREMIOS DO CORRESAN E CARREIRA PEDESTRE DE AMES

O pasado mércores celebrouse no Centro Comercial Compostela a entrega de premios do II circuito de carreiras saudables CORRESAN cun gran resultado para o noso clube, acadando 18 premiacións individuais e logrando ser o clube federado escolar con maior participación no circuito.

scale.phpDende aquí noraboa a tódolos participantes no circuito do Corresan pola vosa grandísima actuación.

Por outra banda recordarvos a todos, pais e atletas que o Domingo celebrase no paseo fluvial de Bertamiráns a carreira pedestre do Concello de Ames, considerada carreira do clube polo que tódolos atletas están inscritos.

É importante que estedes na zona de salida ás 11:30 para o reparto de dorsais e para, se o tempo o permite,  facer a foto do clube para a tempada 2013/2014.

Tódolos pai/nais que estedes interesados en axudar na organización da carreira podedes acudir á zona de saida as 09:30.

Aquí tedes toda a información referente á carreira:

Impresión de fax de página completa

CIRCUITO CORRESAN

Aínda que non sexan “Carreiras do Clube”nen un obxetivo prioritário dentro da nosa programación, a cercania e a boa organización invitarón a que o Millaraio prestixiara o circuito de Carreiras Saudables CorreSan, Organizado polo concello de Santiago co apoyo incondicional da delegación de Santiago da FGA, conseguindo ser un dos mais firmes candidatos  ao premio de Clube con mayor participación.

DSC0787

Por outra parte non podemos deixar de citar o esforzo e afan de superación que teñen demostrado cada un dos atletas do Clube, principalmente aqueles que despois de vacacións e poucos adestramentos específicos de resistencia, acheganse ás carreiras e fan o seu mellor esforzo, algúns deles estando nos postos cabeceiros da clasificación xeral do circuito e copando en alguns casos, tódolos postos do podium.

DSC_1023

Enchenos de orgullo ser un dos clubes de base con mais fichas na nosa zona e aída mais cando vemos o grande ambiente de compañeirismo que impera en cada unha das carreiras a que acuden e esperamos que se poida repetir na gala de entrega de premios o vindeiro mercores, onde, a espera dos resultados oficiais, moitos dos nosos atletas serán galardoados e o clube no seu conxunto tamén opta a un premio.
scale.php
Esperamos a todos e deixamos abaixo a información relacionada!
A Gala da entrega de premios do II Circuito de Carreiras Saudables celebrarase o …
GALA – ENTREGA DE PREMIOS DO II CIRCUITO DE CARREIRAS SAUDABLES DE SANTIAGO (CORRESAN).
DATA: MERCORES 16 DE OUTUBRO AS 20:30 h
LUGAR: Salón de Ámbito Cultural del Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés – Hipercor)
Santiago de Compostela

A esta Gala estarán invitados todos os premiados e os participantes na modalidade de circuito que desexen tomar parte na mesma, así como os clubes e centros escolares gañadores dos premios.

A premiación será publicada previamente nesta web e na web www.atletismogalego.org

ADESTRAMENTO DO DIA 12 E CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE AMES

Este sábado 12 de outubro e festivo e polo tanto no teremos adestramento nas pistas da Usc en Santiago.

ames2013por outra banda informarvos de que o vindeiro domingo día 20 de outubro disputarase a XIV Carreira pedestre do Concello de Ames no paseo Fluvial de Bertamiráns a partir das 11:00. Esta carreira está considerada como Carreira do Clube e polo tanto tódol@s atletas de Millaraio están inscritos.

Aproveitaremos a ocasión para facer a foto de clube da tempada 2013/2014, así que sería importante a vosa asistencia.

 

HORARIO DE ENTRENAMIENTOS DEFINITIVO

Una vez organizados todos los grupos de entrenamiento para la temporada que comienza, os presentamos los horarios de entrenamiento definitivos:

horario entrenos 2013_2014Para cualquier duda con los horarios no dudeis en consultarnos.

HORARIO DEFINITIVO PARA EL MES DE SEPTIEMBRE

Despues de varias modificaciones en los horarios por motivos ajenos al club, las horas de entrenamiento quedan del siguiente modo durante este mes de septiembre:

LUGAR: PABELLÓN DE MILLADOIRO

LUNES:

ALEVINES Y BENJAMINES: 18:30 A 19:30

INFANTILES, CADETES, JUVENILES Y JUNIOR: DE 19:30 A 20:30

MIERCOLES:

ALEVINES Y BENJAMINES: 18:30 A 19:30

INFANTILES, CADETES, JUVENILES Y JUNIOR: DE 19:30 A 20:30

SABADOS:

INFANTILES, CADETES, JUVENILES Y JUNIOR: DE 11:00 A 12:30

ALEVINES: DE 12:00 A 13:30

BENJAMINES Y PREBENJAMINES: DE 12:30 A 13:30

En los próximos días publicaremos los horarios definitivos para el resto de la temporada.

Durante las horas de entrenamiento habrá miembros de la directiva en el local del club en la primera planta del pabellón para recoger documentación pendiente de entrega y solucionar cualquier duda que tengais. Perdón por las molestias.

Comienzo de temporada

Muy buenas, comenzamos por fin la temporada 2013/14 esperando repetir los éxitos de la temporada pasada y seguir disfrutando con el Atletismo.Los entrenamientos comenzarán el sábado día 14 de Septiembre en el Pabellón del Milladoiro con los siguientes horarios:

JUNIOR/JUVENILES/CADETES E INFANTILES: A LAS 11:00

ALEVINES: A LAS 12:00

BENJAMINES Y PREBENJAMINES: A LAS 12:30

 

Tal como anunciamos en la comida de fin de temporada los prebenjamines volverán a entrenar en Millaraio y ya podran comenzar con sus compañeros el día 14.

Durante el horario de entrenamiento los miembros de la directiva estaremos en el local del club, situado en las gradas (primera planta) del propio Pabellón del Milladoiro por donde debereis pasar para lo siguiente:

PREBENJAMINES: Entrega de la ficha de la temporada 2013/14 (a vuestra disposición en la página del club), y entrega de foto carnet.

NUEVAS INCORPORACIONES: Entrega de la ficha de la temporada 2013/14, autorización bancaria, ficha federativa (todos los documentos disponibles en la página del club) y foto carnet.

ATLETAS DE MILLARAIO: Hay que firmar la renovación de la ficha federativa y entregar una foto carnet actualizada.

Asimismo os informaremos de los horarios y lugares de entrenamiento y de cualquier duda que tengais respecto a la nueva temporada.

Un saludo a todos

Apertura do prazo de renovación e preinscrición para a tempada 2013/2014

Dende o día 1 ata o 23 de xuño estará aberto o prazo para a renovación e preinscrición dos atletas na próxima tempada. Na páxina de “Incricións/renovacións“, tendes a vosa disposición, os formularios e toda a información necesaria.

Como noutros anos para formalizar a renovación será necesario ingresar 15 € na conta de Nova Galicia Banco 2080-0372-82-3040011333 indicando no concepto a palabra “Renovación” seguida dos apelidos e nome do atleta. Este adianto será descontado na primeira cuota da tempada.

Esperamos contar con todos na próxima tempada!!!!

Campeonato Galego Infantil e Xuvenil en pista

Aínda que o ano pasado o acadaramos 2 medallas de ouro, podemos dicir que a participación do equipo infantil do Millaraio este ano foi a mellor da historia do Clube con dúas medallas de prata, moitas marcas persoais e unha grande demostración de evolución e superación pois os atletas participaron en probas de resistencia (3000m) e nas combinadas (4 probas nunha sola tarde).

Os representantes no 3000m lisos tiveron que facer frente a un intenso vento e tamén  a un inicio de carreira moi forzado polo alto ritmo con que se fixeron os primeiros 500m nas dúas carreiras. Diego Alonso demostrou as melloras de técnica e velocidade que experimentou cos adestramentos das últimas semanas e conseguiu algo impresionate: fixo marcas persoais de 1000m e 2000m nas parciais e, como non podia ser de outra forma, mellorou sa uá marca en 3000m facendo 11’ 15” que  é novo record do Clube!

Unha das actuacións mais bonitas do campionato foron protagonizadas polas nosas atletas de 3000m., Chelo Quintáns e Lucía Parra,  que correron a ritmos similares durante toda a carreira e chegada a recta final, ao estar emparelladas e sen oportunidade de adiantar a outras competidoras, chegaron de mans dadas compartido a 10ª posición de Galicia con un bo rexistro de 13’05”.

O escuadrón das combinadas do Millaraio chamou a atención: 9 atletas completos que fixeron 80m lisos, salto lonxitude, lanzamento de peso e 80m vallas en 3 horas! Foi unha disputa moi bonita polas medallas, chea de melloras de marcas persoais e evidencias do compañeirismo e complicidade que desperta ese tipo de probas, pois os atletas pasan moito tempo xuntos e se axudan mutuamente!

TODOS os atletas, melloraron súa marca persoal en polo menos unha das probas e tamén os resultados finais en puntuación na suma das catro especialidades, deixando o clube moi orgulloso de conseguir que tantos atletas compitan na especialidade mais completa da categoría e que é o obxectivo do traballo realizado!

Maria Hernando e Carlos Dios fixéronse coa medalla de prata que se definiu na última proba de vallas unha vez que Maria, en peso, non acadou unha boa marca e Carlos non fixo unha boa proba en lonxitude por mor de un dolor que o impedia saltar ben.

Por outra banda, Hugo Rodriguez, en cuarto lugar  e Mateo Garcia en sexto, pelexaron polas medallas ata o final, mellorando marca persoal en lonxitude! As Rapazas todas fixeron unha grande competición! Carlota Lias,cuarta e Icia Felipez qunta quedaron a poucos puntos da medalla de bronce, acompañadas polas as debutantes na proba Andrea Botella oitava , Cristina Pérez novena e Marta Garcia decimoterceira.

En Resumo, a mellor participación de un equipo infantil da historia do Clube Millaraio!

Resultados:  resultados Lugo

Temos que falar tamén esta fin de semana da participación do atleta Antón López Bermudez que foi o único representante do Millaraio no campionato galego Xuveníl disputado no Barco de Valdeorras o pasado domingo.

O que fora campión galego cadete de lonxitude o pasado ano, tivo a preparación algo afectada nas últimas semanas pola dedicación aos estudios, pero deu o mellor de sí para facer unha boa marca nos 100m 12”34 (ten o record do Clube con 12”25) e facer un grande concurso en lonxitude, con un mellor salto de 5m84cm, alcanzando o quinto  posto e tamén o novo record do clube para a proba!

O próximo desafío para Antón e tamén todos os cadetes e xuvenís será o vindeiro fin de semana no Campionato Galego de probas combinadas!

Resultados: resultados O Barco

Outro gran fin de semana do club

O pasado fin de semana tivemos unha intensa actividade que comezou co adestramento nas pistas pola maña, pasou pola primeira etapa do CorreSan no campus Sur e o Galego infantil pola tarde e acabou na outra punta de Galicia ca participación de Antón López no Galego Xuvenil en O Barco de Valdeorras!

Unha vez mais o noso Clube respondeu a chamada dos organizadores do CorreSan que, atendendo a un pedido noso, ampliaron a oferta da actividade tamén ao Benxamins, que xunto ao grande equipo de alevíns, fixeron con que a primeira carreira da tarde  fora unha verdadeira marea de Millaraio!

Con practicamente todos os infantís en Lugo no Galego, recaeu en Laura Cuesta e Natalia Sánchez a Responsabilidade de representar o Clube na categoría, facendo unha boa carreira e un bo adestramento de preparación apra a Milla e o circuíto de marcha do vindeiro fin de semana.

Igualmente inmersos na tempada de pista, os cadetes e xuvenís acudiron a chamada e fixeron un bo adestramento, con RocioGarcia sendo primeira regresando a un bo nivel despois de un parón forzoso ns adestramento e ElenaSagastizabal segunda, demostrando as melloras técnicas que ten conseguido alcanzar nos adestramentos!

                Todos fixeron un grande esforzo pois estamos a traballar as probas de pista e xa non temos o punto de resistencia do cros, pero aínda así moitos atletas entraron en postos cabeceiros conquistando importantes puntos para o circuíto! Tamén foi un bo adestramento para os cadetes e xuvenís que teñen semana que ven o galego de probas combinadas (2 días de competición en 6 o 7 probas) e tamén para a milla de ames.

                Non esquecemos tamén dos nosos atletas veteráns e papas e mamas dos atletas do clube que estan dando un verdadeiro exemplo, participando non só como animadores motivando os seus fillos, pero tamén calzando as zapatillas para adestrar e competir!  Noraboa a todos os que participaron!

Aquí tendes o enlace dos resultados

resultados Corresan

Comida do club

Como todos os anos a final de tempada imos facer a comida do club. Este ano vai ser o día 15 de Xuño no Squash de Milladoiro as 14:30 horas.

O menú adulto custa 10 euros e consta de entrantes e carne ou pescado a elixir. O menú infantil é de 7 euros e consta de entrantes e pasta. Para os que asistichedes en ocasións anteriores o menú e o mesmo e o mesmo prezo.

Como novedade, para anotarse hai que cubrir o formulario que se atopa no seguinte enlace:

Formulario comida

Tamén tedes que facer o pago antes do día 11 de Xuño dalgunha das seguinte formas:

1. Transferencia bancaria ou ingreso na conta de Nova Galicia Banco 2080-0372-82-3040011333 indicando no concepto o nome dalgún dos atletas do club.

2. Como os ingresos en Nova Galicia Banco, para clientes que non teñen conta en dita entidade, teñen un custo de 3 euros, como forma alternativa pódese facer a entrega do importe algún membro da Xunta Directiva nos entrenamentos ou competicións. Recomendamos, de todolos xeitos, usar a primeira opción.

IMPORTANTE: Por motivos de xestión non se van a admitir inscricións despois do 11 de Xuño nin pagos o día da comida.

Animádevos a vir, haberá sorteos e regalos!!!

Circuito Corresan 2013

Este sábado 25 de Maio vai comezar o Circuito de Carreiras Saudables CORRESAN que se van a celebrar en Santiago entre os meses de Maio e Outubro e que constará de 5 carreiras. Todos os atletas do club hasta cadetes están inscritos ao circuito das cinco carreiras, que ainda que non son carreiras do club,sería moi interesante a vosa participación.
 
Os dorsais e a camiseta que se entrega por participar tedes que recollela de forma individual no Corte Inglés ó longo do día 24 e hasta as 17:00 horas do sábado 25. Este dorsal será o mesmo para todo o circuito, polo tanto tendes que coidalo e gardalo para todas as carreiras.
 
A primeira carreira,este sábado 25, será no Campus Sur, a partir das 19:00 horas, polo que é importante estar presente polo menos media hora antes.Aquí tendes ó enlace coa normativa, datas e circuitos das diferentes carreiras.

Fin de semana de éxitos do club

Grande éxito do Millaraio no Campionato Galego Cadete disputado este pasado Domingo en Ourense.

Falamos de éxito por varias razóns, a primeira delas a numerosa participación do noso clube tendo en conta que asistiron case o 100% dos nosos atletas cadetes.

Ademáis disto moitos atletas melloraron as súas marcas persoais.

En canto ós resultados foron magníficos unha vez máis acadando moitos postos de finalista e 3 medallas.

Os medallistas foron:

Platas:                                                                                            

Martín en Salto de Lonxitude (5.44)

Andrea en100 m.v (16.80)

Bronce:

Brais Codesido en300 m.v (49.94)

Os resultados completos en:

http://www.atletismogalego.com/Resultados201213/Ourense/o120513.pdf

Por outra banda, no campionato galego de 1000m e milla en Padron outros moitos atletas de Millaraio representaron o Clube facendo moi boas carreiras, co destaque aos irmáns Mato que conseguirón duas medallas mais sendo Degnesh 1º benxamín e Daniel 2º Alevin.

Os resultados podedes consultar aqui:

http://www.atletismogalego.com/Resultados201213/Santiago/s120513.pdf

Parabéns para todos!!

III Trofeo Marineda Atlético en Pista e Final Provincial Escolar

O pasado fin de semana o Millaraio participou todas as categorías en probas oficiais, deixando un balance fantástico de resultados, comezando polos atletas Cadetes e Xuvenís que estiveran buscando mínimas e marcas persoais no III Trofeo Marineda Atlético en Pista, onde tamén competiu a atleta e diretiva do clube Mabel Mougán, como parte da súa preparación para o Galego Veterán que terá lugar en Xuño.

Os 14 atletas do Clube desprazados, viviran un grande ambiente, alcanzando bos rexistros, aínda que algunhas actuacións non acertadas dos xuíces, impediran algún que outro bo resultado.

Enlace cos resultados:

Resultados Coruña

Despois da competicón un total de 12 atletas do clube alcanzaron a mínima para disputar o campionato Galego Cadete que se disputará o vindeiro 12/05 en Ourense, en xornada de mañan e tarde.

Por outra banda, os atletas mais pequenos de categorías Benxamín, Alevín e Infantil clasificados previamente, participaron do campionato provincial nas mesmas pistas de Elviña en A Coruña.

O Millaraio mostrou na pista a súa vocación no traballo con o aprendizaxe das mais variadas probas, sendo o Clube da provincia con maior participación en probas combinadas e un dos que mais aportaron atletas na totalidade da competición, coa participación de 45 atletas en todas as categorías, batendo o record do clube numa competición Provincial en Pista!

Tamén foi record o número de medallas do Clube, cun total de 13 metais, feito destacado tamén na prensa escrita polo Correo Gallego na súa edición de hoxe nunha nota que vos deixamos no enlace:

El Correo Gallego

Os atletas da categoría infantil que quedaron no podio teñen asegurada a súa clasificación para o campionato galego que se celebrará en Lugo o Vindeiro 25/05 en xornada de tarde. A lista definitiva dos clasificados se fará pública a vindeira semana unha vez se fagan todas as fases provinciais e poidamos coñecer tamén os que se clasifican por ter unha das 4 mellores marcas de Galicia, desconsiderando os 3 primeiros de cada provincia, en cada proba.

Tedes abaixo o enlace cos resultados completos da competición que tivo diferentes correccións por parte da organización incluídas algunhas medallas e marcas doso nosos atletas:

CAMPEONATO PROVINCIAL ESCOLAR EN PISTA

Proximamente faremos chegar a información das vindeiras actividades do Millaraio que ten nos meses de primavera o maior volume de competicións da tempada!

Fin de semana de moitas actividades!!

PARA OS CADETES E XUVENILES QUE VAN A CORUÑA O VENRES:

Aquí tendes o horario no seguinte enlace:

III TROFEO MARINEDA ATLETICO                                                                       

– a lista de probas que vai facer cada un xa se enviou hai un par de días.
– A directiva Maria José se está encargando de organizar o desprazamento. Xa avisaremos por mail o horario e local da salida para Coruña. O regreso se fai unha vez rematen as probas.
– O adestrador que vos acompañará será Pepis

PARA OS QUE NON VAN AO PROVINCIALDE A CORUÑA:

ADESTRAMENTO NORMAL NAS PISTAS USC:

GRUPO 1: 11 A 12:30

GRUPO 2: 12:00 A 13:30

BENXAMÍN:12:30 A 13:30

PARA OS QUE VAN AO PROVINCIAL:

-Autobús as 9:00 na Av. de Lugo, xusto detrás da saída da estación de autobuses pola parte de atrás.  Regresa ao final das probas. Acompañan a expedición o presidente David García, directivo Antonio fernandez e adestradores Xiana, Diego, Luis, Miguel(auxiliar)  e Joao pola tarde.

– Finalmente o xantar correrá pola conta de cada un.

– Levar camiseta de competición e pantalón corto negro ou azul oscuro (tamén pode ser mallas) recordade que os que teñan zapatillas de clavos deben levalos e competir con elas, salvo nas probas de lanzamento de peso e disco.

– Cada atleta (ou pai, no caso dos pequenos) debe coñecer o horario da súa proba estando 30′ antes no ponto de encontro do clube para que os adestradores ou directivos orienten sobre o quecemento e o lugar onde deben colocarse antes da súa proba.

Aquí tendes os horarios e probas:

Horarios provincial

PARA DOMINGO EN O PINO

– Os inscritos (que confirmaron sua participación) deben coller os dorsais e o adestrador Diego estará para orientar o quecemento e recorridos

– Regulamento e detalles:

Carreira de O Pino

Pedimos que todos aqueles que fagan fotos dos nosos atletas nos diferentes eventos, que nos fagan chegar anto antes via email para poder preparar notas e publicar no blog as noticias!

Un saúdo e a darlle todo o fin de semana, defendendo o clube e facendo o seu mellor onde quer que sexa!

Continue reading

Avisos varios. Entrenos e competicións

Comunicamos que a presente semana será de adestramento normal no pabellón de Milladoiro nos mesmos horarios de sempre, para todos aqueles que durante o curso teñen alí seu sitio de adestramento.

De cara ao mes de maio faremos xestións con a idea de facer os adestramentos de semana, de todos os atletas do clube, nas pistas da USC ata o final do curso. Intentaremos facer que a renuncia pontual do espazo non repercuta na súa perda de cara ao curso que ven.

LUNS, OS ATLETAS CADETES/XUVENIL TERÁN 15’ MAIS DE ADESTRAMENTO: CHEGARÁN AS 18:15 PARA FACER O QUECEMENTO, ACABANDO AS 19:30- (Os que non Poidan, chegan as 18:30 e marchan as 19:45)

Tamén aprobeitamos para recordar que o vindeiro 04/05 será o campionato provincial de atletismo onde competirán os 16 mellores atletas en cada proba e categoría, entre as marcas conseguidas nas xornadas previas de toda a provincia. Unha vez teñamos as listas de clasificados procederemos a facer as invitacións e consultas nos adestramentos con cada atleta.

RECORADE QUE O CALENDARIO DO CLUBE ESTÁ OPERATIVO E UNHA VEZ TEÑAMOS AS INFORMACIÓNS XA SE VAN INCORPORANDO AO MESMO!
Un saúdo!

Cambios nos entrenamentos da semana que ven

Avaliando as posibilidades e demandas, a dirección técnica propuxo algunhas variacións relacionadas cos adestramento da semana que ven:

  • AS SESIÓNS SE FARÁN NAS PISTAS DA USC PARA TODOS OS ATLETAS (incluídos os do que adestran no pavillón).
  • LUNS, OS ATLETAS CADETES/XUVENIL TERÁN 15’ MAIS DE ADESTRAMENTO:  CHEGARÁN AS 18:15 PARA FACER O QUECEMENTO, ACABANDO AS 19:30- (Os que non Poidan, chegan as 18:30 e marchan as 19:45)
  •  O VENRES TEREMOS UN ADESTRAMENTO ESPECIAL PARA OS XUVENILES E CADETES QUE NON ACUDAN Á COMPETICIÓN DO SÁBADO, NAS PISTAS DA USC DAS 18:00 AS 19:30. (pendente de confirmar a dispoñibilidade dos atletas) 

Con vistas as próximas semanas, estamos estudiando a mellor forma de xestionar os espacios e estructura que temos e mais adiante confirmaremos a estructura definitiva das actividades de cara as vindeiras semanas.

Un saúdo!

Cambio horario A Pobra e protocolo de inscricións do club: 5 pasos importantes

En primeiro lugar e antes de nada, felicitar a todos os participantes na primeira etapa clasificatoria disputada en Riveira o pasado sábado onde se viviu un bonito día de deporte e de convivencia entre os nosos deportista ao que se suman os bos resultados acadados por todos os participantes, moitos deles practicamente garantindo a praza para o campionato Provincial. O sistema de clasificación e os detalles serán informados nunha próxima circular que estamos preparando!

 Por outra parte, xa queda pouco para  a próxima cita na Pobra do Caramiñal, nunha xornada similar a anterior pero con a diferenza que para os atletas cadetes se suprimen as probas de pista, para buscar mellorar a organización dos tempos e evitar retrasos. Polo tanto non se celebrarán a as probas de 100m, 300m, 600m, 1000m, 3000m , 100m vallas, 300m Vallas, 1500m obstáculos e marcha para a categoría CADETE.  unha vez eliminadas ditas probas axustouse o horario (acabará antes a competición) facendo algúns cambios que podedes ver a continuación:

 

 

 

 

NOVO HORARIO A POBRA

 

Queremos explicarvos neste post , para unha  correcta organización en relación aos preparativos das competicións e tamén co axuste das probas as demandas dos atletas (deportivas e familiares), o protocolo que temos no clube para realizar as inscripcións que ten un orde lóxico e que se explica a continuación:

1º -ENVIO DE INVITACIÓN –  Con tempo de antelación suficiente (sempre que as organizacións das competicións faciliten as informacións en prazo), enviarase unha invitación onde estarán todas as informacións relacionadas ao evento, os prazos para confirmación e particularidades de cada proba. A Invitación debe ser CONFIRMADA E OS DATOS REQUERIDOS CONTESTADOS para que podamos prepararnos (pedidos de prazas de autobús, numero de adestradores que acompañarán, programación de adestramentos alternativos ás competicións se son moitos os que non acudan, etc)

 

2º CONSULTA CON ATLETAS – Tratamos de buscar as preferencias dos atletas falando individualmente e propoñendo algunhas probas nas que cremos que deben apuntarse para alcanzar algunha clasificación ou mínima. (na circular sobre competicións trataremos de explicar os criterios)

 

3º ADXUDICACIÓN DE PROBAS – O adestrador responsable de cada grupo xunto co director deportivo avaliarán a dispoñibilidade do atleta (contestación dos pais), e as probas mais interesantes segundo criterios de desenvolvemento deportivo, motivación, preparación para seguintes probas e con toda esa información, se fai a escolla da proba. Aquí tamén entran aspectos regulamentarios como o limite de 6 atletas por proba que temos no escolar en pista, por exemplo.

 

4º ENVIO DE LISTA DE INSCRITOS DEFINITIVA – Se envían as listas definitivas cos inscritos. Este proceso busca solucionar erros no proceso, pero NUNCA, coa intención de acoller peticións fora de prazo ou acatar cambios de pareceres sen xustificativa.

 

5º CONFIRMACIÓN DE ÚLTIMOS DETALLES – Nos días anteriores a proba se fai a confirmación dos últimos detalles (horarios de autobús, posibles cambios de horarios da competición, lista definitiva de probas e de atletas que pediron praza en autobús, etc).

 

Recordamos que facer as confirmacións por Email é a ÚNICA maneira de garantir o rexistroda información para o correcto proceso! Son 80 atletas e moitas persoas (adestradores, directiva, dirección técnica) involucradas na tarefa e de non facerse así, teremos mais posibilidades de cometer erros!Gracias a todos!

CITIUS,ALTIUS,FORTIUS- I Trofeo Fontes do Sar

Deixamosvos o enlace do programa da Televisión de Galicia adicado ao atletismo. No programa número 95,a  partir do minuto 18 poderedes ver a vosa participación no Trofeo Fontes do Sar e como o noso director deportivo Joao Fernandez, da conta  do esforzo de todos para que este evento e o Trofeo Millaraio fosen un éxito.

Trofeo Fontes do Sar 

NORABOA Millaraio!!