PRETEMPADA MILLARAIO

Ainda que a tempada 2013-14 non rematou oficialmente, o clube xa está facendo actividades para preparar a vindeira.

Por unha banda os máis pequenos disfrutaron durante toda a semana do Campus de Atletismo de Millaraio, onde realizaron un sifín de actividades e xogos para iniciala tempada dunha xeito divertido e ameno.

BLOG CAMPUS modOs nen@s do Campus remataron a semana facendo unha parte do Camiño de Santiago partindo do Milladoiro. O luns visitarán as pistas de atletismo, e o martes clausurarán esta actividade na Praia Fluvial de Tapia.

BLOG CAMINO mod

Por outra banda, un grupo de atletas cadete/xuvenil/junior formado por atletas de tecnificación do CAS e de Millaraio comenzou a preparar a vindeira tempada. Dende fai un par de semanas exercítanse polos parques compostelans, e pouco a pouco, coa volta das vacacións, vaise facendo máis numeroso.

O pasado xoves tocóu un divertido adestramento pola area da praia da Aguieira en Portosín, onde un total de 21 atletas de ambos clubes disfrutaron dunha sesión diferente e intensa cun gran ambiente de grupo.

blog preO luns a sesión será en Santiago as 19:45 con algunha que outra sorpresa engadida!!!. Máis detalles no calendario da páxina do clube.

COMIENZO DEL CAMPUS

   Ayer lunes comenzábamos el I Campus de Iniciación al Atletismo Millaraio, el cual se está desarrollando en el complejo deportivo de Bertamiráns y tendrá actividades deportivas y lúdicas hasta el martes 9, exceptuando el fin de semana.
24 pequeños deportistas, tanto del club como niños y niñas que quisieron compartir esta experiencia con nosotros, disfrutaron ayer lunes de actividades como lanzamiento de peso y saltos, tras una charla introductoria al mundo del atletismo. Terminaban la jornada del lunes con juegos, y todos confesaron habérselo pasado en grande.
DSCN9937
   En la jornada de hoy martes, la velocidad y el lanzamiento de jabalina eran las disciplinas atléticas, previas a un fin de jornada con juegos en la piscina, lugar que inmortalizamos en la fotografía.
DSCN9941
   Los objetivos de esta primera edición del Campus, organizado por el Club Atletismo Millaraio con la colaboración del Concello de Ames, son presentar a los más pequeños el mundo del atletismo de una forma lúdica y entretenida, y para aquellos que ya estaban en las filas del club, disfrutando con nosotros de nuestro deporte, comenzar la temporada de una forma diferente, jugando con el atletismo y comenzando el trabajo físico de la temporada con juegos acuáticos y terrestres o senderismo.

I CAMPUS DE INICIACIÓN Ó ATLETISMO MILLARAIO

Do 1 ó 9 de setembro o Clube Atletismo Millaraio, coa colaboración do Concello de Ames, realizará o primeiro Campus de Iniciación ó Atletismo coa premisa de seguir dando a coñecer este deporte.

CAMPUS

En horario de mañán, de 09:00 a 13:30 e nas instalacions do complexo deportivo de Bertamiráns , os nen@s, tanto pertencentes ó clube coma non, disfrutarán dun gran número de actividades que irán dende as diferentes disciplinas atléticas ata os deportes colectivos, pasando pola piscina se o tempo o permite.

Para os que se aproximen ó atletismo por primeira vez será unha forma divertida de coñecer este deporte, e para os que xa formades parte de Millaraio unha maneira distinta de dar comezo á nova tempada.

 

PRESENTACION DOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA

Esta mañán presentouse no Pazo da Peregrina en Bertamiráns a participación do Millaraio nos campionatos nacionais que se disputarán esta fin de semana e a seguinte. A participación nestes dous campionatos supón facer de novo historia no noso clube, xa que é a primeira vez que participamos nuns Campionatos de España, asi que noraboa a todos.

presentacionA primeira cita será esta fin se semana coa disputa do Campionato de España Infantil por equipos, onde o infantil masculino representado por Diego Alonso, Carlos Dios, Antón Nogueira, Nicolás Iglesias, Victor Mosteiro, Pedro Sagastizabal, Torcuato Labella, Juan Ruso, Mateo García y Pablo Fernandez disfrutara desta maravillosa experiencia de competir nunha proba nacional

carlos diegoNa fin de semana seguinte, a nosa atleta Andrea González, participará no Campionato De España individual en categoría cadete, logo de acadar a mínima na xabalina que a acredita para formar parte deste importante evento.

Sin título-2Se queredes seguir en directo os resultados do Campionato de España infantil aqui tedes a enlace:

http://www.rfea.es/competi/result2014/airelibre/al_infantil/index.html

CAMPIONATO GALEGO POR EQUIPOS, ABSOLUTO E COMIDA DO CLUBE

Outro fin de semana cargado de actividades para o noso clube, Campionato Galego por equipos para os benxamíns, alevíns e infantís, comida co clube, e por primeira vez participación dunha atleta de Millaraio no Campionato Galego Absoluto.

Comenzamos o sábado pola mañán coa competición por equipos na que partimos cun equipo en cada categoría, primando coma sempre a participación do maior número de atletas posibles. Nas probas os nos@s atletas obtiveron uns maravillosos resultados con varias marcas persoais, que se traduciron na consecución de dosu subcampeonatos galegos por equipos, na categoría alevín masculina e na infantíl masculina. Noraboa a tódolos atletas por este enorme éxito.

Sin título-1A destacar coma sempre o ambiente fantástico entre os atletas, e o apoio dos seus compañeiros, que ainda que non participaban no campeonato viñeron a animar.

Despois dos éxitos deportivos celebramos a tradicional comida do clube onde nos encontramos de novo para pasar un bo rato, e onde descubrimos que ó novo adestrador do clube , Pablo, e un grandísimo animador que fixo moverse e disfrutar a todo o mundo.

fiestaComo colofon dunha tempada histórica para o clube, destacamos a participación da atleta Cadete Elena Sagastizabal como debut do Clube no campionato Galego Absoluto, onde enfrentaría as mellores atletas de Galicia de todas as edades, para facerse coa 7ª praza. Elena saltou 1m42 na primeira tentativa e  non poido a altura de 1m46 que seria sua marca persoal.

Noraboa a Elena pola sua dedicación e por ser a primeira de Millaraio na competción mais importante de Galicia!

GRAN ACTUACIÓN NO CAMPIONATO GALEGO BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL

Este sábado disputouse nas pistas municipais de Balaidos en Vigo o Campionato Galego de Atletismo en Pista en categoría benxamín. alevín e infantil. A proba dividiuse en duas partes, en xornada de mañán para as categorías benxamín e alevín. E de tarde para a categoría infantil.

O Clube Atletismo Millario acudía con 23 atletas, que nunha gran xornada acadaron un total de 10 medallas.

Na xornada de mañán hay que destacar a medalla de prata de Antón Gómez na lonxitude alevín, os dous bronces acadados por Pablo Díaz e Deki Mato nos 1000 ml., e o título de Campión Galego de Daniel Mato nos 2000 ml, onde nunha fantastica carreira logrou tamén un novo record galego da proba.

JORNADA MAÑANANo campionato infantil celebrado pola tarde destacar o título de campión galego na proba dos 1000 obstáculos de Diego Alonso, a medalla de prata de Carlos Dios nos 80 valados, o dobrete logrado nos 80 ml por Carlos Dios, conseguindo a sua segunda medalla de prata, e Victor Mosteiro conquistando o bronce.

A xornada de tarde redondeouse co subcampeonato galego de Pablo Fernández na xabalina, e o bronce de Andrea Botella tamén na xabalina.

JORNADA TARDEEn definitiva unha fantastica actuación onde ademáis das 10 medallas hay que destacar a mellora de marcas da maioría de atletas, e sobre todo o magnífico grupo que forman, noraboa a tod@s.

Comida do club – 14 de Xuño

Como todos os anos queremos convidaros a comida de fin de tempada. Este ano será no Restaurante Rodríguez Cadarso, ao lado das pistas da USC as 15:00 horas do sábado 14 de Xuño. Ese mesmo día, como sabedes, temos o campeonato galego por equipos benxamín, alevín e infantil nas pistas da USC.

O menú adulto custa 12 euros e o infantil 10 euros. O primeiro esta composto de entrantes, ternera estofada con patatas ou merluza en salsa verde, postre e café. De bebida teremos viño da casa, auga, refrescos ou cervexa.

O menu infantil son 10 euros e consta de pizza e croquetas de entrantes, milanesa de polo con patatas e xeado a escoller de postre (si algún neno/a non quere xeado pode escoller outro postre).

Se algún membro quere asistir e por razóns persoais (celíacos, vexetariano, etc.) precisa un menú diferente deberá comunicalo a directiva para facer as xestións oportunas. No caso de ser celíaco xa o pode indicar no formulario que tedes para anotarvos.

Para anotarse tedes que facelo no seguinte enlace, cubrindo un formulario:

https://docs.google.com/forms/d/1XaLI3y-S2XmCdOF_3EfghcdG0nfJZ31F3FLZ5uMQn4g/viewform?usp=send_form

O pago hai que efectualo por transferencia, ingreso en conta ou ben dándolle os cartos a algún membro da Xunta Directiva, nos dous primeiros casos na seguinte conta:

NovaGalicia Banco 2080-0372-82-3040011333 // IBAN: ES4620800372823040011333

O prazo para anotarse e facer o pago remata o dia 9 de Xuño.

Non se admitirán pagos o día da comida. Todos queremos disfrutar da mesma!!

Animadevos a asistir!! Teremos algún regaliño

HISTÓRICO FIN DE SEMANA DE MILLARAIO

Este fin de semana o clube tivo participación en dous importantes eventos, o Campionato Galego de Probas Combinadas en categoria cadete, e o Campionato Provincial de Xogade en categoría benxamín, alevín e infantil.

No Campionato Galego de Combinadas disputado en pontevedra as nosas tres repreentantes, Andrea González, María Hernando e Chelo Quintáns firmaron unha gran actuación destacando o título de Campiona Galega de Combinadas, e por primeira vez na historia do clube a mínima nacional na xabalina que permitirá representar a Millaraio no Campionato de España.image_3Por outra banda nas instalacións da Pobra do Caramiñal celebrouse o Campionato Provincial de atletismo em pista de Xogade, onde acudimos cunha amplísima representación de atletas acadando uns grandímos resultados que colocan ó Clube Atletismo Millaraio coma un dos principais clubes de atletismo da provincia en categorías escolares.

O máis importante, coma sempre, o fenomenal ambiente entre @s rapaces, e a mellora de marcas persoais da gran maioría deles. O resultado final foi de 20 medallas repartidas do seguinte modo:

Medallas de ouro:

Carlos Dios, 80 ml.

Carlos Dios, 80 mv.

Dani Mato, 2000 ml

Diego Alonso, 1000 obstáculos.

Antón Gómez, lonxitude.

Deki Mato, 1000 ml.

Andrea Botella, tetrathlon

Medallas de prata:

Pablo Díaz, 1000 ml.

Nicolás Iglesias, 3 km marcha.

Ángel Álvarez, 2000 ml.

Pablo Fernández, peso.

Dani Mato, pelota.

Mateo García, tetrathlon.

Luis García, triathlon

Medallas de bronce:

Carlos Dios, 150 ml.

Torcuato Labella, 3 km marcha.

Ephrem Canal, 2000 ml.

Diego Alonso, 220 mv.

Pablo Díaz, lonxitude.

Xiana Figueras, triathlon

Comida do club – 14 de Xuño

Como todos os anos imos facer a comida do club. Este ano vai ser o sabado 14 de Xuño coincidindo coa campeonato galego por equipos benxamín, alevín e infantil  a celebrar nas pistas da USC.

Aínda non temos confirmado o sitio nin o menu pero nas próximas datas vos achegaremos mais información. Estamos barallando varias opcións e en canto confirmemos vos facilitaremos a información para anotaros, que vai ser da forma habitual.

Un saúdo dende a directiva e animadeos a vir!!

II TROFEO MILLARAIO DE ATLETISMO EN PISTA: FESTIVAL DE RELEVOS

Este sábado disputarase nas pistas de atletismo da USC en Santiago o segundo Trofeo Millaraio de atletismo en pista.

II TROFEO MILLARAIO copiaNesta ocasión vamos a potenciar unha proba coma os relevos cortos que non se  disputa habitualmente nas competicións de pista para escolares.

Haberá relevos dende a categoría benxamín ata o relevo de pais e nais.

As categorías prebenxamín e de nais e pais terán que facer a sua inscripción a través do mail do clube:   millaraio@gmail.com

O resto de categorías inscribiranse a través da intranet da federación española. Aqui tendes os horarios das probas:

HORARIO

TROFEO FONTES DO SAR E CITIUS ALTIUS FORTIUS

O sábado comenzamos a tomar contacto coa tempada de pista no II Trofeo Fontes de Sar de atletismo en pista. Nunha mañá onde a climatoloxía acompañou para disfrutar dunha gran xornada de atletismo.

CAM00276

Millaraio acudiú a este campionato cunha gran participación de máis de 60 atletas englobando tódalas categoría do clube, dende os máis pequenos, prebenxamíns, que facían o seu debut nas competicións de pista. Ata os veteranos, pais e nais de Millaraio, que quixeron participar nuns disputados e emocionantes relevos 4×100.

f

No que se refire a resultados, destacar a melloría de marcas de moitos atletas e a consecución de numerosas medallas que acabaron otorgando unha segunda plaza por equipos ó Clube Atletismo Millaraio.

Ainda que os resultados foron moi bos, o máis importante da xornada foi a toma de contacto coa pista sobre para moitos atletas novos do clube que fixeron a sua primeira participación nesta modalidade.

Aqui tedes o enlace para consultar os resultados:

http://www.atletismogalego.com/Resultados201314/Santiago/rs150314.pdf

Comentarvos tamén que no programa 140 de Citius Altius Fortius hay unha extensa reportaxe sobre o Campionato Galego de Campo a Través onde aparecen moitos dos nosos atletas. Aquí tedes o enlace:

http://vimeopro.com/citius/citius/video/89153862

ESPECTACULAR SÁBADO DE MILLARAIO

Este pasado sábado día 8, o Clube Atletismo Millaraio tiña unha axenda cargada de actividades, unha parte do clube disputaba o Campionato Galego de Campo a Través na Pobra do Caramiñal, e a outra parte do clube realizaba un simulacro de competición nas pistas da USC.

No que respecta ó Galego de Campo a Través destacar o maravilloso comportamento de tódolos atletas, nunha xornada onde o tempo acompañou para acadar uns resultados extraordinarios.

puebla grupo

A nivel individual salientala boa actuación de tódolos atletas do clube nun circuito moi duro onde Deki Mato, Laura Cuesta e David Álvarez fixeron unha gran carreira. Dentro da premiación individual, destacar o Campionato Galego logrado por Dani Mato na categoría Alevín masculina, e o bronce de Diego Alonso no infantil masculino.

podiumNa competición por equipos participábamos co equipo alevín masculino formado por Dani Mato, Pablo Díaz, Ángel Álvarez,Ephrem Canal, Diego Seoane y Mateo Aller que cunha extraordinaria actuación lograrón o título de Campións Galegos por Equipos.

foto1En resumo, unha gran xornada de cross, no só polos resultados obtidos senón polo gran ambiente existente entre tódolos rapaces, e entre tódolos pais e nais que asistirón á competición.

Por outra banda, nas pistas da USC de Santiago o clube realizóu un simulacro de competición onde coa colaboración de Suso como xuiz,da delegación de Santiago da FGA,  dos entrenadores, directivos e dos pais logrouse que os rapaces disfrutaran dunha mañán repleta de carreiras e concursos onde resolvelas suas dúbidas e familiarizarse coa competición sin que importen as marcas e os resultados, soamente disfrutar do atletismo. Gracias a tódolos que colaborachedes nesta experiencia.

Na seguinte enlace tedes os resultados do Galego de Campo a Través, as fotos xa están colgadas no noso perfil de Facebook.

http://www.atletismogalego.com/Resultados201314/Santiago/rcrossescolar2014.pdf

SANTIAGO DE COMPOSTELA SE SUMA A LA I CARRERA IN REAL TIME-RUN WITH ETHIOPIA

El próximo 30 de marzo del 2014 en Santiago también correrá la solidaridad con el pueblo etíope. Abay, el Club de Atletismo Millaraio y el Club Atletismo Santiago, se han unido para organizar en la ciudad ésta primera edición de IRT que esperamos sea el preludio de muchas otras, con la colaboración del Concello de Santiago y de la Federación Gallega de Atletismo.

Cartel-In-Real-Time-Santiago-web

Además de la carrera absoluta de 10 km que se celebrará de forma simultánea en Walmara y varias ciudades españolas, habrá también carreras para las categorías escolares desde pre-benjamines hasta cadetes.

Contaremos con la presencia del atleta compostelano Pedro Nimo, ganador de la última edición de la Clásica Behobia-San Sebastián, Campeón absoluto de maratón (A Coruña 2013), Subcampeón España de maratón 2012, 19º clasificado maratón Internacional de París 2012 y 1º europeo, y otros muchos triunfos deportivos en su palmarés, así como de otros atletas de élite de nuestra tierra. Todos corriendo juntos por un mismo objetivo, contribuir a mundo más justo y con menos desigualdades.

En lo que respecta a Millaraio, la carrera será considerada como carrera del club ya que somos organizadores y todos los atletas del club (a excepción de los Veteranos) estarán inscritos.

En el siguiente enlace tenéis toda la información sobre la carrera.

http://www.fgatletismo.es/santiago/?p=2229

HISTORICA ACTUACION NO CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA

Este sábado disputouse na Pista Cuberta de Riazor o Campionato Galego benxamín, alevín e infantil de pista cuberta. O clube achegou unha representación de 20 atletas que participaron en tódalas disciplinas fondo, medio fondo, velocidade, lanzamentos e saltos dando conta do gran número de disciplinas que traballa Millaraio.

En canto ós resultados do clube neste campionato so se poden calificar de impresionantes. Acadaronse un total de 4 campionatos galegos, 1 subcampionato e unha terceira plaza, e o que é maís importante, a grande maioría de atletas participantes melloraron as suas marcas persoais. Como colofón a esta gran xornada, Daniel Mato logrou o record galego en pista cuberta na proba dos 1000 metros en categoría alevín.

As seis medallas repertironse do seguinte modo. Na xornada de mañán Daniel Mato proclamouse campión galego nos 1000 metros alevín redondeando a sua actuación co record galego da especialidade. E Antón Gomez logrou o bronce  pelexando ata o último instante nun apretadísimo final dos 50 metros lisos alevín.

IMG-20140301-WA0000

A xornada de tarde comenzou co título de campión galego dos 500 metros lisos alevín de Pablo Díaz, que non estivo so no podio xa que Angel Alvarez conquistaba o subcampionato na mesma proba. Un pouco máis tarde Carlos Dios lograba o ouro nunha disputada final dos 50 metros valados infantil. A tarde rematouse cunha gran actuación de Diego Alonso nos 2000 metros lisos infantil que lle serviu para alzarse co título de campión galego.

Sin título-2En resumo unha gran xornada de atletismo onde os nenos e nenas que acudiron disfutaron dun gran ambiente.

No seguinte enlace tedes os resultados das probas e no perfil de facebook do clube as fotos do campionato.

http://www.atletismogalego.com/Resultados201314/Coruna/rmenorespc2014.pdf

CAMPIONATO GALEGO BENXAMIN, ALEVIN E INFANTIL PISTA CUBERTA

Estos son os atletas clasificados para o Campionato Galego Benxamín, Alevín e Infantil de Pista Cuberta.

INFANTIL MASCULINO:

  • MATEO GARCIA ANEIROS: 50 ML Y LONGITUD.
  • DIEGO ALONSO CAMPO: 2000 ML.
  • DAVID ALVAREZ CELEMIN: 2000ML
  • CARLOS DIOS SUAREZ: 50 MV Y PESO.
  • PABLO FERNANDEZ HERMIDA: PESO.

INFANTIL FEMENINO:

  • CRISTINA PEREZ MARTINEZ: 50 MV.
  • CLAUDIA COSTAS GONZALEZ: LONGITUD.

ALEVIN MASCULINO:

  • PABLO ALONSO CAMPO: 50ML.
  • ANTON GOMEZ GARCIA: 50 ML.
  • LUIS GARCIA JUEGUEN: 50 ML.
  • PABLO DIAZ OIZA: 500ML.
  • ANGEL ALVAREZ CELEMIN: 500ML.
  • DANIEL MATO GOMEZ: 1000ML Y LONGITUD.
  • EPHREM CANAL PIÑON: 1000 ML.
  • PABLO SOUTO GARCIA: PESO.

ALEVIN FEMENINO:

  • NOELIA CASTRO REY: 500 ML.
  • DEGNESH MARIA MATO GOMEZ: 1000 ML Y ALTURA.

BENJAMIN MASCULINO:

  • MARIO VILAR VEIGA: 50 ML.
  • JORGE RIVAS CAPEANS: ALTURA.

BENJAMIN FEMENINO:

  • VALERIA BATIRE GURIDI DIEGUEZ: 500 ML.

Sin título-1

Recordade que hai que estar nas pistas alomenos 45 minutos antes.

Unha vez nas pistas intentaremos sentarnos todos na misma zona para facilitala entrega de dorsais y estar pendentes da cámara de chamadas.

ACTIVIDADE DE MARCHA

O pasado sábado tivemos nas psitas de atletismo unha actividade especial de marcha, dentro do noso programa para diversificalas actividades con especialistas e atletas que aporten sesións diferentes.

IMG-20140219-WA0003

Nesta ocasión o noso invitado foi Manuel Treus, marchador da Sociedade Gimnástica de Pontevedra, participante en moitas competicións de prestixio. Subcampeón de España en M45, este atleta internaciona tamén e Xuiz e entrenador Nacional de atletismo.

A sesión foi moi proveitosa e á noso convidado chamoulle a atención a cantidade de grupos grupos que temos e o interese dos nosos atletas en ter novas experiencias. Esperemos que esta proba enganche a mais dun atleta xa que nos fai falta de cara ós campionatos por equipos en primavera.

 

 

GRAN XORNADA DE CROSS EN SANTIAGO

O pasado sábado disputouse en Santiago, concretamente en Salgueiriños, o Campionato Provincial de campo a través e o III Cross de Compostela. O clube presentaba participación para ámbalas duas citas.

No que se refire ó Campionato provincial, Millaraio levaba unha gran representación de 5 equipos e dous atletas máis clasificados de forma individual, para un total de 32 atletas.

Na competición por equipos logramos o primeiro posto na categoría alevín masculina, proclamándonos campións provinciais así como o terceiro posto no infantil masculino, asegurando de esta forma a presencia de Millaraio no galego de campo a través co equipo alevín.

IMG-20140215-WA0014No apartado individual logrouse un campionato provincial na figura de Degnesh María Mato, dous subcampionatos provinciais logrados por Dani Mato e Diego Alonso, e unha terceira posición no podio de Pablo Díaz. Ademáis das medallas hay que destacar a clasificación  de forma individual de catro atletas, Degnesh, Diego, David Álvarez e Laura Cuesta.

1926737_467361576723169_1075950212_nPor outra banda, este mesmo día disputouse tamén o III Cross Compostela onde Veteranas de Millaraio facían o seu debut como equipo, e logrando subir tres delas ó podio na categoría veterana B.

1689556_467361126723214_689524596_nEn resumo unha grandísima actuación de tódalas categorías do club, noraboa a tod@s.

Tedes as fotos da competición na conta de Facebook de Millaraio, no álbum  provincial campo a través, e tódolos resultados na seguinte enlace:

http://www.atletismogalego.com/Resultados201314/Santiago/rprovincialescolars2014.pdf

ANDREA GONZALEZ SELECCIONADA PARA A CONCENTRACION DE SALTOS E VALADOS DA FEDERACION GALEGA

A nosa atleta Andrea González foi seleccionada para a concentración de saltos e valados da Federación Galega de Atletismo que se realizará este fin de semana en Lugo. Andrea fará a concentración no sector de valados, e durante todo o fín de semana compartirá adestramentos cos mellores especialistas galegos da especialidade, rematando cunha competición o domingo.

andrea

Un novo paso adiante de Andrea, noraboa.

FIN DE SEMANA HISTORICO PARA O PROXECTO DO ATLETISMO MILLARAIO

Cando hai 4 anos, cando tiña apenas 15 atletas nas sua filas, o Millaraio fixo un proxecto deportivo de longo prazo que tiña como obxectivo que dentro de uns anos o Clube puidera ter atletas en categorías cadete e xuvenil con mínimas galegas e así figurar no panorama atlético da comunidade como unha referencia mais na formación de atletas. Daquela, aínda non adestrabamos nas pistas…

 Sin título-1

O pasado fin de semana, 7 atletas cadetes do Clube estaban inscritos no campionato galego e outros 10 atletas do Clube Atletismo Santiago (CAS), que ten a maioría dos seus atletas formados no Millaraio e comparten adestramentos, tiñan mínima para participar nos campionatos galegos. Antón Lopez un ano mais subiu ao podio en Lonxitude sendo 3º, acompañado por Nacho Rivas 2º na mesma proba e por Fernando Vales que foi 2º en 800m.

A clasificación de tantos atletas (aínda que algúns non puideron tomar parte por diversos motivos) e os bos resultados, déixanos moi orgullosos e con moitas ganas de ir a polo próximo obxectivo que é, a medio prazo, ter representantes na esfera nacional do atletismo, aínda que o mais importante xa está a ocorrer: Dar unha boa estructura deportiva un grupo de atletas que teñen no atletismo súa principal práctica deportiva e que traballan nos adestramentos para alcanzar seus obxectivos deportivos e lograr mellorar a través do seu esforzo.

Os nosos Cadetes fixeron una boa competición quedando moi cerca dos postos de finalista (8º de Galicia) con Maria Hernando (50m e 50mv), Chelo Quintáns (50m e 300m) e Pablo Nogueira (Peso) e Hugo Rodriguez (3000m). Nicolás Rodríguez foi 7º en Lonxitud e 50m lisos (a poucas centésimas da final) pero descontóu a súa vontade de vitoria nos 50m valados ao gañar a primeira medalla de ouro do Clube nun galego cadete de pista cuberta con 9”00, MMP.

nicolas

 Agora a pensar na pista ao aire libre (co permiso do provincial de campo a través, o vindeiro sábado) onde terán que buscar as mínimas de participación para os campionatos individuais, ao tempo que tentaremos facer equipos para os campionatos galegos por Clubes. Para dar mellores opcións aos que queiran adestrar mais, a directiva do Clube e Dirección deportiva acordou abrir a opción de incorporación ao grupo de Tecnificación a todos os cadetes (os do anos 2000 incluídos) que o queiran! Debedes falar co director depotivo João nos adestramentos.

Os mais pequenos (Benxamíns, Alevíns, Infantís) teñen o seu campionato galego en Pista Cuberta os 01/03 e estamos tentando que teñan algunha competición na semana anterior para que poidan facer marca e practicar. No seu caso non hai mínimas e a participación e aceptada por ranking.

CAMBIO NOS ADESTRAMENTOS DE LUNS E MERCORES

Debido ós desperfectos causados polo temporal no Pavillón do Milladoiro, tódolos atletas que adestran no Pavillón do Milladoiro os luns e mércores de 18:30 a 19:30 pasarán a facelo nas pistas da USC en Santiago en horario de 18:00 a 19:00, perdón polas molestias.

índice