Dos podiums na Final Galega da Liga Escolar en Pista Cuberta

A pasada fin de semana se celebrou no Pazo de Deportes de A Coruña a Final Galega da Liga Escolar Federada en Pista Cuberta, onde o MillaRaio participou con catro equipos, logrando subir ao podium os dous equipos que acadaran a victoria na Fase Provincial celebrada en Ferrol o mes de Decembro: as nenas benxamíns e os nenos infantiles.DSCN1656
Tamén participaron os nenos benxamíns, que foron cuartos, e os alevíns, que finalizaron en quinta posición.
DSCN1661
Este fin de semana que comenza, ven cargado de competicións:
-Hoxe venres, varios/as atletas da categoría cadete se desplazan a Coruña, onde se desputa a I Xornada do Circuito Coruña Corre en Pista, e onde os nosos atletas tentarán buscar marcas de cara aos vindeiros compromisos.
-Mañán sábado, será o turno do Campo a Través, coa celebración unha vez máis na Alameda Compostelana, do Intercomarcal Escolar de Cross pertenecente ao Xogade, e onde, a partir das 11:00 h, competirán os nosos equipos Benxamín feminino, e alevíns, infantiles e cadetes de ambos sexos, buscando a clasificación para a fase provincial.
-E o domingo se celebra en Friol, Lugo, o Campionato Galego Cadete e Xuvenil de Campo a Través, onde sobre todo o equipo cadete masculino, intentará buscar a proeza de clasificarse para o Campionato de España que se celebrará en Cáceres o 1 de Marzo. Debido á coincidencia de datas, as forzas dos cadetes estarán repartidas entre o sábado e o domingo, tentando buscar os mellores resultados posibles en ambos eventos.
¡Moita sorte a tod@s @s que esta fin de semana defenderedes as cores do Clube Atletismo MillaRaio!

Primeira medalla autonómica do 2015

A pasada fin de semana se celebrou en Lugo o Campionato Galego de Clubes de Probas Combinadas. Fiel ao seu proxecto de traballo multidisciplinar, o Clube Atletismo MillaRaio se presentou con tres atletas, os cadetes Carlos Dios, Mateo García e Chelo Quintáns.

No hexatthlon masculino, ao término da primeira xornada, Mateo García marchaba en terceira posición, despois de ser segundo no lanzamento de peso, e Carlos Dios, que viña de superar unha lesión e polo tanto non se atopaba no seu mellor momento, e que acadou a terceira posición nos 60 m.l. con victoria na súa serie, marchaba no quinto posto do cómputo xeral por puntos, optando ambos ao podium final.

Pero coa súa segunda posición nos 60 m. valados e a cuarta nos duros 1.000 m.l. finais, Carlos logrou a remontada que o levou a lograr o subcampionato galego da disciplina, cuns magníficos 2.103 puntos.

Tan só o pinchazo neses duros 1.000 m.l. finais separaron a Mateo dunha medalla, acadando a 7ª posición final con 1.849 puntos, pero a tan só pouco máis de 200 puntos do metal.

No Pentathlon Feminino, Chelo Quintáns lograba unha magnífica 8ª posición nunha proba moi igualada, con 1.722 puntos e a menos de 200 puntos da medalla de bronce. A súa mellor posición parcial foi o 3º posto acadado no lanzamento de peso. Dicir que esta polivalente atleta lograba o fin de semana anterior o primero rexistro da istoria do clube no salto con pértega, alcanzando unha altura de 2 metros no control de marcas celebrado en Vigo.

IMG-20150111-WA0004

Resaltar o éxito de Andrea González e Brandán Candal, dous atletas do Clube Atletismo Santiago, o noso clube irmán, pero que se formaron na canteira do Clube Atletismo MillaRaio, e que lograron ambos o título de campións galegos en categoría xuvenil.

Por outra banda, varios atletas se desplazaron a Vigo, buscando marcas para os seus respectivos campionatos. Destacar a María Noya, que gañou a súa serie nos 60 m.l. cun rexistro de 9´´08, e que saltou 4.20 en lonxitude, ambas marcas mínimas para o Campionato Galego Cadete. Destacaron tamén Diego Alonso, 3º nos 1.000 m.l. rexistrando 2´56´´03 e Miguel Ansede, 5º con 3´08´´71.

1399248_390580831100608_4514438511243612690_o

A atención para esta fin de semana está posta en A Coruña, donde se celebrará o sábado a final galega da Liga Escolar, para a que están clasificados os equipos benxamíns masculino e feminino e os equipos masculinos das categorías alevín e infantil.

Éxito nas probas combinadas e éxito nas probas por equipos. O Clube Atletismo MillaRaio, sempre fiel ao seu obxectivo do traballo de todas as disciplinas atléticas.

¡¡¡¡Toda a sorte do mundo para eses equipos na Coruña!!!!

¡¡¡¡MILLA-RAIO!!!!

SOLUCIONADOS OS PROBLEMAS DA LOTERIA DE NADAL

Unha vez solucionados os problemas para o cobro da lotería de nadal, dende mañán día 8 poderanse cobrar as participacións en calqueira oficina de Abanca.

Exitoso Cross de Riveira

Celebrouse hoxe sábado en Riveira a “IV Carreira Popular de Campo a Través do Nadal”, na cal, dende o corpo técnico do clube, invitaban a participar, dado a proximidade dos compromisos do mes de Xaneiro e a falta de pistas para adestrar nestas festas.

Pouca pero selecta participación do Clube Atletismo MillaRaio. E nesta ocasión, a participación tivo premio,pois todos/as os/as atletas do clube lograron subir ao podium.

Abrían a participación Juan Ruso e Cristina Pérez.  Na categoría cadete, Cris deixou clara dende o principio a súa intención de levarse a victoria. Pese a que o tivo difícil nos metros finais, loitou ata a liña de meta e logrou subir ao máis alto do podium.

Na mesma carreira, o infantil Juan Ruso se facía cunha magnífica segunda praza.

Na mesma categoría feminina, Noelia Castro saíu moi decidida nos primeiros metros, e incluso chegou a despegarse da súa rival na costa. Ao final, unha magnífica segunda praza, un peldaño por riba de Xiana Figueras, que foi terceira.

DSC_0873Dominio en alevín masculino para Ephrem Canal, que fixo fácil o difícil e dominou a proba de principio a fin.

E emoción ata o último metro na derradeira proba con participación para os nosos, a Benxamín, pois Antía Figueras, nunha intelixente carreira, se foi achegando á atleta que lideraba a proba superándoa na mesma liña de meta.

“Foron poucos pero bós”. O esforzo, nesta ocasión tivo premio. O esforzo de madrugar e participar neste cross como preparación para os campionatos que se achegan. O podium foi un merecido premio para todos/as eles/as.

10857938_1524059651203286_1135484730668489397_nLembrar que tanto o 2014 coma o ano atlético rematan o vindeiro 31 de Decembro, coa segunda edición da San Silvestre de Santiago, con saída ás 18:00 h. da Porta dos Leóns, na Alameda, e chegada na Praza do Obradoiro.

As inscripcións se poderán realizar no seguinte enlace ata mañá domingo ás 22:00 h. Lembrar que os rapaces que participaron no circuito CorreSan DEBERÁN VOLVER A INSCRIBIRSE PARA PODER PARTICIPAR. Os benxamíns non poderán participar nesta proba, debido á súa distancia (4 km) e recomendamos que non participen os alevíns. Para infantiles e cadetes é un bó entrenamento de cara ao cross.

http://www.carreirasgalegas.com/carreira/ii-carreira-san-silvestre-de-santiago-de-compostela-2014/3d4a3ce9-a5fb-26bc-56f4-39cd28a8e599

Este luns faremos un entrenamento no que percorreremos o circuito da San Silvestre. Quedaremos ás 18:30 h. na Alameda, na Porta dos Leóns, de onde partirá a carreira.

Para todos os que non veñades a participar, podedes vir o día 31 a  despedir o ano con nós nesta auténtica festa do deporte que pondrá fin a 2014, e que contará na Praza do Obradoiro con disc-jockey de “Los 40 Principales”, máis de 1.000 participantes e moitas sorpresas máis.

¡¡¡Xa non queda nada para que remate o 2014, un ano magnífico para o Clube Atletismo MillaRaio!!!

AVISO IMPORTANTE: PROBLEMAS CO COBRO DA LOTERIA

Debido a poblemas na xestión dos décimos de Abanca, entidade na que se encontran depositados os décimos de lotería do clube, non e posible de momento cobrar o premio da lotería.

Tras unha reunión esta mañán co director da oficina de Abanca conseguimos que non se cobrase a comisión do 0,40% do premio que pretendían, e o compromiso de axilizar a proceso para poder cobrar canto antes. Esperamos que entre o venres e o luns poidamos ter solucionado o problema.

Sentimos os problemas e molestias que esta situación provoca, situación totalmente allea a MillaRaio, un saudo.

Nadal no MillaRaio

Unha vez máis, chegamos ao período vacacional, onde paramos a actividade xunto cós colexios, para descanso dos pais e atletas. Por outra parte, buscamos algunhas alternativas para que se manteña unha actividade mínima, con algúns días de entrenamentos, e algunhas competicións suxeridas, sobre todo pensando na importancia das competicións que se aveciñan no mes de Xaneiro.

Toda a programación se atopa no Calendario do Clube nesta mesma páxima, e recordamos que nas competicións suxeridas (das que tamén achegamos o enlace dos regulamentos no calendario) a inscrición é voluntaria e por conta de cada atleta.

Tramitados os cambios de horario para poder entrenar coa luz do día e mellores temperaturas, esta semana xa comezamos a entrenar en sesións de mañán. A modo de resumen, deixámosvos detalle das próximas actividades:

10407578_10203315285909594_3570919655902122949_n

-Na foto entrenamento do pasado sábado, no que nos visitaron o recente campión de España de Maratón, Pedro Nimo e o Campión de Europa de 10.000 e subcampión de Maratón, Chema Martínez.

DÍA 22/12 – ENTRENAMENTO TODAS CATEGORÍAS POLA MAÑAN. (horarios no calendario).

DÍA 23  – ENTRENAMENTO EN PISTAS POLA MAÑAN DE INFANTILES CADETES (Mirar horarios no calendario)

DÍA 26  – ENTRENAMENTO EN PISTAS POLA MAÑAN DE CADETES (Mirar horarios no calendario)

27/12 – CROS DE RIVEIRA – recomendado os que lle gustan probas de cros e resistencia.  (detalles no calendario)

29/12 – Actividad de entrenamento e recoñecemento do circuito da San Silvestre – ALAMEDA AS 18:30. (Non recomendado para benxamins e alevines)

31/12 – San Silvestre Santiago – Os pequeños deben tomalo como proba lúdica e participativa pois son 4 Km- Benxamins non poden participar.

Pistas USC Cerradas do 27/12 ao 06/01

– E o día 7 de Xaneiro, as actividades voltarán á normalidade nos horarios habituáis.

Como vedes, poñemos á vosa disposición unha programación especial para adaptarse a estas datas tan especiais e para chegar nunhas condicións mínimas ás competicións próximas. Lembrade que o 10 e 11 de Xaneiro é o Campionato Galego Cadete de probas combinadas e que o 18, os equipos clasificados disputarán o Campionato Galego Escolar Federado en A Coruña.

10830438_761157320644552_3630251029534555954_oDende a directiva e o corpo técnico do Clube Atletismo MillaRaio queremos desexarvos a todos e todas que pasedes unhas boas festas de Nadal, teñades unha feliz Navidade e que todos os vosos desexos se cumplan no 2015 que está a nada de comenzar.

¡¡¡¡¡FELICES FESTAS!!!!!!

Comida de Nadal

O pasado sábado, unha vez rematada a competición de Campo a Través, atletas, pais, nais, directivos e adestradores, tanto do Clube Atletismo MillaRaio como do noso clube irmán, o Clube Atletismo Santiago, nos diriximos ao Restaurante Los Robles, onde a gran familia do atletismo que entre tod@s formamos, desfrutamos xuntos da nosa tradicional comida de Nadal.

10498715_401982619960429_1412500051702198458_oFomos 190 comensales os que pudemos non só compartir mesa, senón tamén outras actividades.

Os presidentes dos dous clubes, David García e Alfonso López, dirixiron unhas palabras a tod@s @s presentes, así como Joao Fernández, coordinador deportivo de ambas estructuras. Tras o sorteo de varios agasallos, se deu paso á animación e o baile có que rematamos unha xornada de confraternización inesquecible.

¡Esperamos que o pasárades tan ben coma nós! ¡Felices festas a tod@s!

10523218_401983106627047_8741542161894958661_oFotos de David López.

Fase Local de Campo a Través

DSCN1325 - copiaO pasado sábado se disputaba na Alameda Compostelana a Fase Local de Campo a Través, clasificatoria para a Fase Zonal, que se disputará no mes de Xaneiro.

DSCN1343 DSCN1351 - copia

Inda que se lograron varias victorias individuais, o importante nestas competicións son as puntuacións por equipos, e polo tanto é importante a participación e resultados de tod@s e cada un/ha d@s atletas participantes.

Todavía a día de hoxe pendientes dos resultados por equipos, destacar o gran traballo feito pol@s nos@s atletas, pois tod@s eles/as raiaron ao seu máximo nivel, e a bó seguro que teremos unha ampla participación nese Campionato Zonal, así como nas fases posteriores.

DSCN1372

DSCN1405

En varias das categorías, @s atletas  estiveron incluso loitando por clasificar a máis de un equipo, o que ten un doble mérito.

Noraboa a tod@s polo voso esforzo, pois só gracias á vosa entrega conseguimos día a día que o noso clube siga medrando.

DSCN1425

Campionato Galego de Inverno de Marcha en Pista

Gran actuación o pasado sábado no Campionato Galego de Inverno de Marcha en Pista, celebrado en A Coruña.

Nicolás Iglesias acadou unha magnífica medalla de bronce na distancia dos 3.000 m. marcha na súa categoría, Infantil Masculino.

Zulfa Muíño logrou un brillante sexto posto nos 2.000 m. na categoría alevín.

E Mara López logrou unha boa 13ª posición no seu debut na marcha, na distancia dos 3.000 m. infantil feminino.

10498313_618340401625285_2434830495359548156_oPero queremos destacar que o Clube MillaRaio segue medrando, e sendo fieles ao seu proxecto inicial, fomentando o Atletismo en tódalas súas parcelas, xa sexa marcha ou pértega.

¡Noraboa a estes tres valientes polo seu esforzo, e sobre todo a Nico por esa brillante medalla de bronce nun Campionato Galego! Seguimos traballando para que veñan moitas máis.

Dani Mato premio á Mellor Promesa na Gala do Deporte de Ames

O Clube Atletismo MillaRaio non para de recibir premios. Nesta ocasión foi a pasada fin de semana, na Gala do Deporte de Ames. O noso Atleta Dani Mato recibiu o recoñecemento como Mellor Deportista Promesa do Concello de Ames na tempada 2013/2014. 10649036_10203197788532233_4230824689790817741_oUn premio máis que merecido ao noso atleta, todo un exemplo de constancia, compañerismo e traballo. Un atleta tímido que prefire falar nas pistas. E un recoñecemento por riba de todos os deportistas de todos os deportes do Concello de Ames, que non son poucos, o que nos fai sentir orgullosos de que o noso traballo se está a facer da maneira correcta, pois Dani é tan só un dos moitos rapaces/zas que nos últimos anos está descubrindo o mundo do atletismo con nós. E doblemente orgullosos, pois o noso fin a estas idades non son os logros, senón a formación de futuros atletas, pero cando se fan ben as cousas, os resultados veñen solos.

1397156_10203197786532183_4745086331962223728_o

¡Noraboa Dani! ¡Que este recoñecemento te anime a seguir traballando día a día! E tamén noraboa a tódolos compañeiros cós que compartes entrenamento, pois un premio individual ten sempre o traballo de moitas persoas ao seu arredor.

LOTERIA E CLASIFICACION DE 4 EQUIPOS PARA A FASE GALEGA DA LIGA ESCOLAR FEDERADA

En primeiro lugar recordarvos que este sábado 29 remata o prazo para entregar os cartos e os tacos da lotería do clube.

Unha vez feito o recordatorio decir que despois do grande ambiente vivido en Ferrol na Liga escolar Federada e a clasificación de maneira directa de dous dos nosos equipos, cabía esperar polos clasificados por puntuación que terán dereito a participar da final da liga escolar, na pista cuberta de A Coruña o vindeiro 17/01 (se non hai cambios).

10401506_611428228983169_6683185446740526166_n

Finalmente podemos celebrar a inclusión de 2 equipos: Alevín e Benxamín masculino! Os resultados fan con que o Millaraio logre un dos obxectivos do seu proxecto, colocando a 4 equipos entre os 8 mellores de Galicia da súa categoría, superado apenas en número de equipos polos históricos Ria de Ferrol e Ourense Atletismo, con 6 e 5 equipos respectivamente.

10414915_10203857089561630_5324940011791291861_n

A composición dos equipos e os detalles de viaxe terémolos mais adiante, pero recordar a importancia de confirmar a participación para que os equipos vaian completos e non deixemos ocos e puntos importantes para o Clube. Podedes consultar os equipos clasificados na ligazon:

http://www.atletismogalego.com/CLASIFICADOSLIGA%20ESCOLAR.pdf

Recordamos que o día 13/12 temos o Zonal de campo a través e TODOS OS ATLETAS DO CLUBE están convocados para encher de azul e branco a Alameda nunha festa deportiva previa á festa do Clube na Comida de Nadal (os que non confirmaron, facédeo canto antes!)

Comida de Nadal do Club (13 de decembro)

Como todos os anos queremos convidaros a comida de fin de tempada. Este ano será no Restaurante Los Robles as 15:00 horas do sábado 13 de Decembro. Ese mesmo día, como sabedes, temos o campeonato de cross na Alameda.

Este ano como novedade faremos a comida xunto co Club Atletismo Santiago. E unha demanda de moitos dos nenos/as e pais que cambiaron de club e que lles gustaría moito asistir a comida co resto de compañeir@s. Ademais, dende o club consideramos que e unha boa oportunidade para que todo o grupo estea en contacto e para que os pais/nais tamen coñezades a xente do CAS e viceversa.

O menú adulto custa 12 euros e o infantil 8,5 euros. O primeiro esta composto fideos con marisco, codillo ao forno ao estilo do cheff con verduras de tempada, postre e café. De bebida teremos viño blanco ou tinto ou auga.

O menu infantil son 8,5 euros e consta de entrantes variados, milanesa de polo con patatas e postre. De bebida auga ou refrescos.

Se algún membro quere asistir e por razóns persoais (celíacos, vexetariano, etc.) precisa un menú diferente deberá comunicalo a directiva para facer as xestións oportunas. No caso de ser celíaco xa o pode indicar no formulario que tedes para anotarvos.

Para anotarse tedes que facelo no seguinte enlace, cubrindo un formulario:

https://docs.google.com/forms/d/1xqnU3gVEQJLnn3wOO7K5Lb3nGevsErMcDGOcPvQCyco/viewform

O pago hai que efectualo por transferencia, ingreso en conta ou ben dándolle os cartos a algún membro da Xunta Directiva, nos dous primeiros casos na seguinte conta:

NovaGalicia Banco 2080-0372-82-3040011333// IBAN ES4620800372823040011333

O prazo para anotarse e facer o pago remata o dia 8 de Decembro.

Non se admitirán pagos o día da comida. Todos queremos disfrutar da mesma!!

Loteria de Nadal 97.245

Estimados soci@s

Queremos recordarvos que ainda dispoñemos de lotería de Nadal do club. O número é o 97.245 e son participacións de 5 euros dos que se xogan 4,20 e 0,80 son de donativo para o club.

Podedes adquirir talonarios (de 10 participacións) para vender ou ben compar participacións soltas. Poñédevos en contacto con algún membro da Xunta Directiva para adquirilos. Dádevos presa que xa se están acabando!!

Moitas grazas pola vosa colaboración.

XV Carreira Pedestre Popular Concello de Ames este domingo.

Este domingo día 19, se celebra en Bertamiráns a XV Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, con saida e chegada nas inmediacións do Pazo da Peregrina (Avda. José Luis Azcárraga). A proba popular terá a saída ás 10:45 h., e a partir das 12 darán comenzo as carreiras para os participantes en idade escolar, comezando polos pitufos e rematando polos cadetes, có seguinte horario:

CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO DISTANCIA HORARIO
Pitufo nados/as no 2010 e posteriores                  200 metros         12:00 horas
Prebenxamín nados/as no 2007, 2008 e 2009      350 metros           12:05 horas
Benxamín nados/as no 2005 e 2006                     1.000 metros       12:10 horas
Alevín nados/as no 2003 e 2004                            1.000 metros       12:20 horas
Infantil nados/as no 2001 e 2002                          2.000 metros       12:30 horas
Cadete nados/as no 1999 e 2000                            2.800 metros       12:45 horas

Xuvenil-junior nados/as no 1995, 1996, 97 e 98                                                                              Absoluta nados/as no 1994 ata veteranos
Veterano 1 nados entre o 1979 e 1969
Veterano 2 nados entre o 1968 e 1959
Veterano 3 nados no 1958 e anteriores
Veterana 4 nadas entre o 1979 e 1969
Veterana 5 nadas no 1968 e anteriores                    10.170 metros       10:45 horas

cartel Ames 1000Recordar que a carreira está considerada proba do Clube Atletismo MillaRaio por disputarse no noso concello, e polo tanto estarán inscritos tódolos nenos/as para participar. Os dorsais os recolleremos o sábado e se entregarán aos atletas o domingo, día da proba.

Se queredes consultar os percorridos ou regulamento, vos deixo o enlace:

http://www.carreirasgalegas.com/reglamento/xv-carreira-popular-de-ames-circuito-de-carreiras-populares-deputacion-da-coru%C3%B1a/f189b225-ca31-c4df-3df9-39c8e6557fa5

No mesmo día, faremos unha fotografía de todo o equipo ¡Non faltedes!

¡Ah! E haberá sorteo de agasallos entre todos/as os/as participantes ao remate das probas.

Gran actuación do MillaRaio na CorreSan Cidade da Cultura

O III Circuito de Carreiras Saudables de Santiago 2014 poñía fin coa celebración da última proba puntuable: a CorreSan Cidade da Cultura. Un gran número de atletas do Clube Atletismo MillaRaio non se quiso perder a cita desta nova proba, e despediu o circuito santiagués cunha brillante actuación.DSC_0041A carreira para Escolares 1, na que competían Benxamíns e Alevíns, abría a proba. E que mellor maneira de facelo que con victorias absolutas na carreira, e na categoría alevín, para os irmáns Dani e Deki Mato. Destacaban tamén as actuacións de Ephrem Canal, terceiro alevín, e Pablo Díaz, cuarto na mesma categoría, con predominio na parte dianteira da proba das camisetas brancas do noso clube.DSC_0052Xa na segunda carreira, correspondente ás categorías Infantil e Cadete, destacaba un enorme Diego Alonso, segundo da proba e gañador da categoría Infantil. En infantiles homes, David Álvarez Celemin acadaba a cuarta posición. Na mesma categoría feminina, Laura Cuesta quedaba terceira e Andrea Botella, quinta. Mesma posición en cadetes mulleres para unha atleta que se estreaba en competición, Alicia Iglesias.

DSC_0073E non podemos esquecer, xa na carreira absoluta no percorrido de 5.300 metros, a participación do grupo de nais do MillaRaio, que siguen pasiño a pasiño facendo piña e progresando atléticamente. ¡Bravo por elas!MAMIS MILLARAIONoraboa a todos os atletas que participastes neste Circuito CorreSan 2014.

Finalmente, a Gala de premiación quedou aprazada, posiblemente para a primeira semana de Novembro. Vos informaremos en canto confirmen a data.

ESTE SÁBADO ÚLTIMA PROBA DO CIRCUITO CORRESAN

Este sábado día 11 se celebra a última proba puntuable para o III Circuito de Carreiras Saudables de Santiago. Será a CorreSan Cidade da Cultura, que dará comezo ás 18:45 horas e se desenvolverá có seguinte horario e percorridos:

  • 18:45 horas:     Carreira das categorías benxamín e alevín – 1 VOLTA AO CIRCUITO PEQUENO (P) – 1025 m aproximadamente
  • 19:00 horas:     Carreira das categorías infantil e cadete – 1 VOLTA AO CIRCUITO GRANDE (G) – 2650 m aproximadamente
  • 19:30 horas:     Carreira das categorías xuvenil e superiores – 2 VOLTAS AO CIRCUITO GRANDE (G) – 5300 m aproximadamentePlanoCarrera

Lembrar que no circuito CorreSan 2014, están inscritos tódolos rapaces do Clube Atletismo MillaRaio CON LICENCIA NA PASADA TEMPADA, e que os de nova incorporación ao clube que queiran participar deberán inscribirse antes do mércores 8 de outubro ás 22:00 h. As inscricións poderán facerse no seguinte enlace:

http://www.carreirasgalegas.com/carreira/corresan-cidade-da-cultura/baa4982a-1c27-be10-4d3a-39c713569af6

¡Moita sorte a tod@s!

1

Por outra banda, este mesmo sábado será o primeiro que entrenaremos nas pistas da Universidade. Con motivo da celebración da CorreSan pola tarde, faremos un entrenamento suave para que aqueles rapaces/as que queiran participar podan desfrutar dos entrenamentos pola mañán. ¡Non faltedes!

A Gala de entrega de premios do Circuito CorreSan está prevista para a próxima semana.

E tamén a próxima semana, concretamente o domingo 19, se celebrará a XV Carreira Pedestre Concello de Ames, en Bertamiráns. Será carreira do Clube, e polo tanto esperamos a presencia de tod@s.

CAMPIONATOS GALEGOS EN RUTA DE 1.000 m E 10 Km

Grande actuación do Millaraio nos Campionatos Galegos de 1.000m e de 10Km en ruta.

Aínda que os traballos de adestramento están comezando e non é o momento ideal para a competición, varios dos nosos atletas non quixeron perder a oportunidade de participar no Campionato Galego de Milla e 1.000m en ruta (1.000m ata a categoría cadete), que se disputou na localidade Pontevedresa de Marin.

Con un ambiente incrible (cerca de 3.000 mil persoas no momento auxe),  os 10 atletas do Clube que disputaron a proba deron o mellor de si, tendo un bo comportamento para as épocas de pretempada en que estamos.

dani pablo

Aínda que non era un obxectivo principal da nosa programación, o Atletismio MillaRaio foi o Clube con maior número de medallas nas proba de 1.000m (de benxamín a cadete) conquistando 4 medallas: 1 de ouro na categoría alevín feminina para Deki Mato, 2 de prata para Dani Mato y Diego Alonso que moi cerca estiveron de ser campións, así como Pablo Diaz que foi bronce a tan só 1 segundo de Dani.

diego inf

Na Milla popular tivemos a presenza de Loreto Oiza etamén da nosa adestradora Noemi Sanmartin que acompañou aos nosos pequenos e logo non perdeu a oportunidade de poñerse en carreira así como Pepe Dominguez, adestrador de Lanzamentos e combindas que foi 1º na categoría M40 e JoaoFernandez, 3º Na categoría sénior.

PRIMEIRA MEDALLA GALEGA PARA O GRUPO DE MAMAS EN RIVEIRA!

O pasado Domingo en Riveira, foi a vez de Dolores Rey, para probarse no campionato galego de 10km en ruta e cunha boa actuación, baixando dos 50’.  Dolores fíxose coa medalla de prata na súa categoría, mentres a recen incorporada Puri Cariñena (aínda non ten ficha polo clube) foi 3ª en M40.

dolores

Recordamos que o grupo iniciación e perfeccionamento está aberto con ata 4 horarios semanais e a opción de acudir a 2 dias presenciais por semana os mércores e sábado, nas pistas de atletismo. Mais información cos adestradores ou directiva!

Lotería de Nadal – 97245

Estimados soci@os

Xa esta dispoñible a lotería do club para os que queiran comprar ou ben vender participacións. O número é o 97.245 e son participacións de 5 euros con 0,80 de donativo para o club.

Hai talonarios de 10 ou 25 participacións. Os que queirades comprar ou axudar a vender poñedevos en contacto con algún membro da Xunta Directiva. Dádevos presa que xa se están acabando!!

Moitas grazas

 

GALA DE ENTREGA DE PREMIOS CORRE CORUÑA CORRE

O pasado xoves 18 celebrouse no Centro Cultural Ágora, A Coruña, a gala de entrega de premios do circuito Corre Coruña Corre en pista, que premia ós mellores atletas de tódalas competicións celebradas na Coruña na tempada pasada.

15098893670_2e4dcd550d_n

15098806479_dae653ce30_o

A esta gala asistiron varios atletas Santiagueses, entre os que se encontraban 2 atletas do Clube Atletismo Santiago e 3 do Millaraio. A xornada rematou con 5 primeiros postos, 3 en saltos, conseguidos por Nicolás Rodríguez, Nacho Rivas e Andrea González. Outros dous en lanzamentos logrados por Andrea González e Pablo Nogueira, e un tercer posto en lanzamentos de Juan Mouriz.

Sin título-1

fjhhjjh

Esta gala foi o colofón a unha gran tempada que se realizou dende os clubes, gracias a axuda dos atletas, técnicos e directivas.

Publicado por Pablo Nogueira.

NOVA TEMPADA 2014/15

O vindeiro sábado 13 de setembro dará comezo unha nova tempada de atletismo para o Clube Atletismo Millaraio no pavillón do Milladoiro.

Comezaremos os adestramentos que servirán como reencontro para todol@s que formavades parte de Millaraio, e como presentación e primeira toma de contacto dos compañeiros e co atletismo para as novas incorporacions.

Os horarios serán os seguintes:

11:00 a 12:30 para os nados no 2000, 2001 e 2002.

12:00 a 13:30 para os nados no 2003 e 2004.

12:30 a 13:30 para os nados no 2005, 2006, 2007 e 2008.

CLUBE ATLETISMO MILLARAIO