Author Archives: millaraio

Visita á clínica dental Rueiro en Bertamiráns

Tamén fomos de visita á clínica doutro dos colaboradores desta tempada, Rueiro Centro de Salud Dental en Bertamiráns #RueiroKids #DentalRueiro #RueiroconelDeporte

La Cesta Natural, colaborador do club

Visita á La Cesta Natural en Bertamiráns, un dos novos colaboradores do club para a tempada actual.

XX Carreira Pedestre Popular Concello de Ames

O 27 de outubro celebrouse a Carreira Pedestre do Concello de Ames, coa que colaboramos na organización, e na que de novo tivemos unha grande participación de atletas, nais e pais do club, como voluntarios e/ou como corredores nas diferentes … Continue reading

Campionato de España de Clubs Sub16

O equipo sub16 feminino clasificouse, por primeira vez na historia do club, para o Campionato de España de Clubs da categoría, coa colaboración das filiais de Atlética A Silva e Atletismo Negreira. O campionato celebrouse o 5 de outubro en … Continue reading

Carreira e Andaina da Familia e Día do Deporte do Concello de Ames

O sábado 28 de setembro celebrouse o Día do Deporte no Concello de Ames, no que o Club estivo presente en horario de mañá e tarde. Pola mañá combinamos os adestramentos habituais do club coa participación na Carreira e Andaina … Continue reading

Gala de premiación do Corresan 2018

O 20 de setembro celebrouse a Gala de Premiación do Circuito Corresan do ano pasado, no edificio Cersia en San Lázaro, con dous premios por equipos para o Millaraio: terceiro por equipos na categoría escolar, e terceiro tamén na categoría … Continue reading

O MILLARAIO NO CAMIÑO: CORCUBIÓN-FISTERRA

O sábado 7 de setembro, dentro das actividades do Campus de setembro “Correndo Cara O Xacobeo”, que forma parte do programa O Teu Xacobeo financiado pola Xunta de Galicia, os rapaces e rapazas puideron coñecer esta etapa do Camiño acompañados … Continue reading

VI CAMPUS DE ATLETISMO MILLARAIO: Correndo cara o Xacobeo

Xa está en marcha o VI Campus de Atletismo MillaRaio “Correndo cara o Xacobeo”, do 2 ó 10 de setembro, proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia, dentro do programa O teu Xacobeo.

Campionato de Galicia de Probas Combinadas

A fin de semana do 27 e 28 de xullo celebrouse no Barco de Valdeorras o Campionato Galego de Combinadas. Nesta edición o club participou con cinco atletas, conseguindo dous podios. Mateo Aller proclamouse campión no Octathlon sub16 masculino, no … Continue reading

VI CAMPUS DE ATLETISMO MILLARAIO: Correndo cara o Xacobeo

Dentro do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, o Club participa coa celebración do VI Campus de Atletismo MillaRaio, do 2 ó 10 de setembro. O campus está aberto a nen@s nados entre 2013 e 2006 e terá … Continue reading

Campionato de España sub16

Tres atletas do club participaron o 6/7 de xullo no Campionato de España individual da categoría sub16: Mateo Aller, Sofía Campos e Deki Mato. Mateo Aller competiu nos 100m valos, nos que acadou un rexistro de 15.37. Sofía Campos participou … Continue reading

CAMPIONATO DE GALICIA Sub14 EN PISTA AO AIRE LIBRE 2018/2019

O 22 de xuño celebrouse en Lugo o Campionato de Galicia sub14, no que participaron 9 atletas do club. En categoría masculina destacou o atleta Alejandro Jiménez, que se proclamou campión dos 80m e subcampión do salto de lonxitude. Destacar … Continue reading

VI Campionato de España Sub14 por Equipos

Gran fin de semana a do 15-16 de xuño en Ciudad Real, onde o equipo sub14 masculino rematou finalmente na 17ª posición no Campionato de España por Equipos.

XXXII CAMPIONATO DE GALICIA MÁSTER EN PISTA AO AIRE LIBRE

O domingo 9 de xuño celebrouse en Bastiagueiro o campionato galego da categoría máster, no que participaron tres atletas do club, cos seguintes resultados: David López Vilariño foi ouro no salto de altura M45, Antonio Pose foi prata en 100mv … Continue reading

Memorial Josefina Romero de Marcha Atlética – Cantones de A Coruña 2019

Nesta proba celebrada o día 9 de xuño na Coruña, Sofía Campos foi a gañadora na categoría sub16 cunha marca de 15:21.

CATRO ATLETAS DO MILLARAIO NA SELECCIÓN GALEGA SUB16

Para a selección galega que participará no Campionato de España Sub16 de Federacións Autonómicas, a celebrar en Moratalaz os días 15-16 de xuño, foron convocados na categoría feminina Deki Mato nos 1000m e Sofía Campos nos 3000m marcha, e na … Continue reading

CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB14 INDIVIDUAL

Fin de semana intenso en Soria para Alejandro Jiménez e Noel Ferraces. Rematadas as tres probas de cada triatlón, en cada un dos cales participan 36 atletas, Alejandro Jiménez foi 9º na modalidade de triatlón A (80m, 80m valos e … Continue reading

XIII CAMPIONATO DE GALICIA SUB10-SUB12 EN PISTA AO AIRE LIBRE

Novamente gran xornada para os rapaces e rapazas do club, desta vez no Campionato Galego individual sub10-sub12 celebrado onte en Lugo. Na categoría sub12 participaron Nuno Castro no salto de lonxitude, proclamándose campión galego, e nos 60m, proba na que … Continue reading

CAMPIONATO PROVINCIAL EN PISTA INFANTIL e COMBINADAS BENXAMIN-ALEVIN – Xogade

O domingo 26 de maio celebrouse en Ferrol o CAMPIONATO PROVINCIAL EN PISTA INFANTIL e COMBINADAS BENXAMIN-ALEVIN – Xogade, no que o club obtivo un total de sete medallas: catro ouros (Alejandro Jiménez en salto de lonxitude e nos 80m, … Continue reading

12 MEDALLAS NO VIII CAMPIONATO DE GALICIA SUB16 e LXVII SUB18

Dezasete atletas da categoría sub16 e dez da categoría sub18 participaron no XVIII Campionato de Galicia SUB16 e LXVII SUB18 de pista ao aire libre celebrado o sábado 25 de maio nas pistas de atletismo de Balaídos, obtendo un total … Continue reading